A oposición de Ourense únese para executar o Plan de Mobilidade

voceiros das distintas formacións
voceiros das distintas formacións
A oposición de Ourense únese para executar o Plan de Mobilidade

 A oposición do concello de Ourense chegan a un acordo e presentan unha moción conxunta para o vindeiro pleno municipal en relación á reactivación do proxecto "Móvete por Ourense". Asemade, instan ao goberno local a que se compromete con recursos orzamentarios para a posta en marcha do proxecto.

BNG, PSOE e Cs presentaron conxuntamente unha moción re gran relevancia para o futuro da cidade referida ao plan de mobilidade. Este tema comeza hai moitos anos coa constitución da Mesa de Mobilidade que aglutinou a moitos axentes sociais. Asemade, existiron outros proxectos, impulsados naquel tempo por BNG e PSOE, coma o "Camiño Escolar" que decaeron no seu momento.

En xaneiro de 2018, Democracia Ourensana abandonaba a comisión de seguemento do "Móvete x Ourense" porque aseguraba que a comisión era "unha pantomima creada polo grupo de goberno" e "contratar a unha empresa por 20.000€ dandoa a dedo sen saír a contratación pública".

"Estamos a falar dun documento de gran importancia para a cidade. Estamos falando dun documento que marca as liñas a seguir para facer un proceso de humanización" asegurou o portavoz do BNG, Luis Seara. "Levamos demandando dende hai moito tempo que se reuna a comisión de seguimento, coincidindo co que se pide na moción que presentamos co resto de forzas políticas da oposición" asegurou Seara.

Segundo sinalou o voceiro municipal do BNG, "hai un punto de partida que hai que aproveitar para darlle verdadeiramente un cambio á cidade de Ourense". Resaltou que un dos obxectivos principais do Plan é o proceso de humanización polo que ten que pasar para tamén facer "unha cidade moito máis democrática". "Non podemos expulsar as veciñas e veciños á periferia, temos que executar actuaciñons e non vender fume" asegurou Seara.

Intermodal digna para a cidade de Ourense

"Nós o que pedimos é unha paralización da actual Estación Intermodal. Pensamos que hai unha oportunidade histórica para facer unha verdadeira estación intermodal, que esta que se está a facer non o é" destacou o voceiro do BNG.

Defendeu no anterior Pleno do Concello de Ourense unha moción na que instaban tanto á Xunta de Galiza coma o Ministerio de Fomento a que "de maneira inmediata, paralizase o novo proxecto da Estación do AVE a Ourense, procedendo a recuperar, aprobar e executar o proxecto gañador do concurso de 2011."