Ourense, unha Cidade pola Alimentación Sostible

Ourense, unha Cidade pola Alimentación Sostible

Ourense formará parte da Rede Temática URBACT II de Cidades pola Alimentación Sostible

Ourense é a única representación  do estado español presente nesta rede de dez cidades europeas

O proxecto, a 30 meses, centrará esforzos en recuperar  para o cultivo terreos do perímetro rural e mellorar os hábitos alimenticios  da poboación a través dunha nova  Unidade Municipal de Alimentación

Ourense, 4 de setembro de 2012.- O Concello de Ourense entrará a formar parte nas vindeiras semanas da Rede Temática Europea “Alimentación Sustentábel en Comunidades Urbás”. unha iniciativa do programa europeo URBACT II integrada por dez cidades europeas e na que a cidade das Burgas é a única representación de todo o Estado.  As concellarías de Medio Ambiente e Vivenda lideran a entrada en Ourense nesta rede para o intercambio de experiencias e boas prácticas orientada a conseguir entonos urbanos máis eficientes e cunha maior calidade de vida. A iniciativa céntrase de xeito específico na promoción de hábitos alimenticios máis sostíbeis na poboación: consumo de productos locais, frescos e de tempada e a  redución nas canles de distribución.

O proxecto desenvolverase ao longo de 2013, 2014 até maio de 2015. En Ourense está previsto que  se concrete nun plan para a recuperación de terreos do perímetro rural, o que suporá un elemento de dinamización dos diferentes núcleos, así como na  a creación dunha Unidade Municipal de Alimentación que promova bos hábitos nutricionais entre a cidadanía. Para a súa posta en marcha o Concello traballará en estreita colaboración con expertos de área da Universidade de Vigo, en concreto das áreas  de  Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais e Enxeñería Agraria.

A Rede Temática URBACT II está formada polas cidades de Bruselas (Bélxica), líder do proxecto, Messina (Italia), Bristol (Inglaterra), Atenas (Grecia),  Amersfoort (Holanda), Zurich (Suiza), Lyon (Francia),Gotenborg (Suecia), Vasilui (Romania) e Ourense. A súa posta en marcha supón para a cidade un investimento directo de  fondos europeos de 40.000€ que se destinarán tanto a investigación conxunta e intercambio de experiencias así como a implementación de experiencias piloto.

Para o mércores , está previstos que tanto os edís das áreas de Vivenda e Medio Ambiente así como técnicos municipais manteñan un primeiro encontro on line cos representantes das cidades membro da rede.

Programas Comunitarios

A adhesión de Ourense a esta rede temática europea foi presentada hoxe, nun acto no que os edís de Vivenda e Medio Ambiente, Fernando Varela, e Marta Arribas,  presentárona como  resultado “dunha aposta do grupo municipal de BNG por traballar na captación de recursos externos que nos permitan desenvolver os proxectos para a cidade que comprometimos no noso programa electoral”. Fondos Europeos coma estes traduciránse  en iniciativas para a cidade pero,alén diso,. A presenza nunha rede destas características supón non só unha achega económica, senón tamén a incorporación de coñecemento e boas prácticas, ao tempo que contribúe ao posicionamento de Ourense no mapa europeo.

Seixalbo

O desenvolvemento de estratexias que permitan a recuperación de terreos abandonados e non explotados botará a andar como primeira experiencia piloto no núcleo etnográfico de Seixalbo. O lugar, no que o Concello ten desenvolto con notábeis éxitos a  Área de Rehabilitación Integral, supón un escenario privilexiado para o desenvolvemento de ferramentas que favorezan un “repoboamento agrícola”. Segundo explicaba hoxe o Director Xeral de Rehabilitación, o traballo desenvolverase a través do denomidado Grupo de Acción Local, no que se espera esten integrados asociacións veciñais, propietarios de terras, grupos ecolóxicos,etc “agardamos que a liña de traballo teña un marcado carácter interxeneracional, ponde en común experiencias e coñecementos entre aquelas persoas que teñen hortas e non as cultivan e aqueles que quererían cultivalas pero non teñen terreos”.

Ourense, unha Cidade pola Alimentación Sostible