O Plan Impulsa Ourense é propaganda

O Plan Impulsa Ourense é propaganda

Ourense, 30 de abril de 2012.- A responsábel local, Susana García comentou que desde que o Partido Popular asumiu o Goberno da Xunta pasamos na provincia dun 8,2% de desemprego ao 20% actual. Para Ourense, estes datos son demoledores, a segunda peor taxa de Galiza nunha escalada de destrución do emprego que segue en caída libre ao igual que o número de afiliados a  Seguridade Social.

Estes datos constatan que a reforma laboral non é un instrumento para a creación de emprego. Isto non é unha sorpresa para o BNG que xa o denunciou dende o momento en que se coñeceu o texto da reforma porque, tal e como apunta a responsábel local, esta reforma só serve para facilitar o despedimento e facelo máis barato, de aí o incremento nos expedientes de regulación.

Neste senso, o concelleiro Fernando Varela insistiu en que o Plan Estratéxico Termal non conta con ningún apoio, lembrando que Ourense ten aprobado o Plan Estratéxico Termal e que cun apio por parte da Xunta teríamos asegurado 1.000 novos empregos directos e o desenvolvemento doutros sectores como a xeotermia, a farmacia ou a cosmética.

A deputada no Parlamento galego, Tereixa Paz, lembrou que o BNG ten presentado iniciativas no Parlamento para demandarlle a Feijóo que ante o rotundo fracaso da política que se constata destes datos rectifique e poña en marcha iniciativas concretas e con orzamentos de apoio aos sectores con maior potencialidade en Ourense.

Salientouse que tendo en conta que o noso tecido empresarial está formado por pequenas empresas e comercio e o problema é de crédito e á vista da incapacidade da iniciativa privada, o Goberno da Xunta debe crear unha banca pública.

Para rematar insistiuse na necesidade de participar nas mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista para este 1 de maio, xa que todos debemos reclamar este cambio de políticas.

O Plan Impulsa Ourense é propaganda