O pleno dá o último paso para que as-os desempregadas-os viaxen gratis no bus urbano

O pleno dá o último paso para que as-os desempregadas-os viaxen gratis no bus urbano

A corporación aprobou por unanimidade a modificación definitiva da ordenanza que permitirá as-os desempregadas-os viaxar gratis no autobús urbano. Agora as tarxetas estarán dispoñíbeis no momento en que as emita Novagalicia Banco.

O BNG opúxose a modificación de crédito por valor de 40.000 € porque xa anunciar no ano 2013 que, salvo para cuestións de emerxencia social, non ía aprobar ningunha outra modificación de crédito. No debate tamén se cuestionou a non presentación dos orzamentos no 2013 que houberan solventado e evitado esta modificación de crédito. A proposta do grupo de goberno foi rexeitada por todos os grupos e o alcalde apelou a responsabilidade das-os concelleiras-os porque o feito de non pagar as débedas pode xerar a perda de subvencións.

Aprobóuse cos votos do PP e de D.O. A creación dunha comisión informativa para que se analicen todas as concesións do concello.

As sucesivas actuacións xudiciais que investigan concesións municipais en diferentes concellos xeran un ambiente de desconfianza da cidadanía cara ás institucións e as persoas que ocupamos cargos públicos. Así o reflicten os datos de sondaxes recentes que recollen a crecente preocupación das persoas entrevistadas pola corrupción e a fraude.

E, nos últimos días, unha nova actuación xud icial, que atinxe a un importante número de concellos galegos, fixo que se volvesen poñer en cuestión as adxudicacións dos servizos públicos.

É responsabilidade nosa, pola representatividade que nos foi concedida, tomar as medidas necesarias para que a sociedade recupere a confianza nas institucións e nas persoas que as ocupamos. Non podemos deixar que se instale para sempre a crenza de que nada do que facemos nos concellos é útil para a sociedade, de que os procedementos non son absolutamente legais ou de que as adxudicacións non se realizan de maneira transparente.

Como recollemos no acordo da moción queremos saber como se adxudicaron os contratos da ORA, o guindastre, o lixo, o servizo de axuda no fogar, a limpeza das zonas verdes, a limpeza dos edificios públicos (tanto dos administrativos, como dos deportivos ou educativos), do abastecemento de auga, o transporte ou do matadoiro). Precisamos coñecer cal foi o prezo e que modificacións sufriron esas concesións durante o tempo. Ograo de cumprimento do contrato por parte das empresas adxudicatarias. Se o servizo se presta satisfactoriamente ou se pode mellorar.

E cos resultados obtidos pola comisión informativa constituirase un grupo de traballo que deberá decidir en que se pode mellorar a prestación dos servizos externalizados e, se for o caso, estudar a posibilidade de recuperar o servizo para a xestión municipal.

O grupo municipal non aprobou a moción do PP sobre a potenciación de políticas e programas de apoio ao emprendemento feminino. O BNG criticou que non se defende só a muller o 8 de marzo e as políticas do PP neste senso son restrictivas e recortan dereitos conqueridos nos tempos. Tamén lles lembramos que cando se proxectou o Plan de Emprego, o PP negóuse a incluír medidas de discriminación positiva para as mulleres.

Na moción do PP sobre a mellora dos puntos de información turística e coordenación das forzas de seguridade no tema dos roubos nas zonas termais, o BNG abstívose a pesar de concordar coa exposición de motivos. É certo que en Ourense temos unha gran riqueza patrimonial, pero o que podemos ofrecerlles aos visitantes, que a fai diferente do resto de cidades da nosa contorna, é o termalismo. En Ourense, turismo e termalismo van necesariamente unidos e precisamos que o turismo sexa, en maior medida do que o é na actualidade, un dos motores económicos do noso concello, que xere emprego e riqueza.

Pero é difícil tomar medidas para conseguir este obxectivo cando temos unha lei aprobada polo PP que limita as competencias dos concellos e os deixa sen marxe para actuar en moitos ámbitos.

Por iso, os acordos teñen un enfoque tan limitado, son vítimas das súas propias leis porque o labor dos puntos de información turística, sen deixar de ser importante, é soamente un elo dunha cadea de cousas que cómpre facer nesta cidade para fomentar o turismo.

E, claramente, o tema da coordinación entre corpos e forzas de seguridade correspóndelle á Xunta de Seguridade que é competencia do subdelegado do Goberno, así que isto deberían falalo con el.

A moción de D.O. Pedindo unha reducción do orzamento adicado aos medios de comunicación e un reparto máis equitativo entre eles só contou co apoio do BNG.

Tampouco saiu adiante a moción da CIG sobre a Iniciativa Lexislativa Popular para impulsar 100 medidas para a creación de emprego na Galiza. O PSOE argumentou que votaría a favor se fose unha iniciativa respaldada por todos os sindicatos e D.O. Manifestou que este tema non era asunto de debate no pleno e que eran reivindicacións nacionalistas de xente que se equivocou de escenario.

A moción conxunta de BNG e PSOE para impulsar o Plan de Emprego e para que a Xunta emita os informes preceptivos para a súa posta en marcha non contou co apoio do PP nin de D.O.

O pleno dá o último paso para que as-os desempregadas-os viaxen gratis no bus urbano