Presas denuncia o desmantelamento encuberto de Correos en Ourense

Noa Presas con representantes da CiG
Noa Presas con representantes da CiG

O BNG levará ao Parlamento de Galiza os recortes no servizo que agravan a crise demográfica da circunscripción

Presas denuncia o desmantelamento encuberto de Correos en Ourense

A deputada do BNG por Ourense no Parlamento de Galiza, Noa Presas, comprometeuse a levar o desmantelamento de Correos á cámara galega. A deputada denunciou que se está a desmantelar progresivamente o servizo que afecta, sobre todo, ao medio rural "e contribúa a agravar a crise demográfica" desta circunscripción.

A situación das e dos carteiros en Ourense ven sendo moi precaria. Dende a súa representación sindical, CiG, trasladáronlle ao BNG que a taxa de reposición ven sendo insuficiente. "Nas próximas oposicións de xaneiro de 2020 Ourense cubrirá 3 veces menos as prazas con respecto a outras provincias do Estado e isto non pode consentirse" sinalou a deputada, Noa Presas.

"As traballadoras de Correos está a sufrir unha alta temporalidade e precariedad que vai en detrimento da calidade do servizo e tamén das condicións laborais" destacou Presas. Ten un 40% de traballadoras temporais que ocupan, en moitos casos, postos cunha gran carga de traballo en 4 ou 5 horas de contrato. "Isto deriva nun aumento da temporalidade e da precariedade laboral que non se pode consentir e o BNG levará esta cuestión ao Parlamento de Galiza" destacou Presas.

Hai que lembrar a Lei 24/1998 do 13 de xullo en canto ao Servizo Postal Universal e de Liberalización dos Servizos Postais. Esta lei recolle no seu título III as obrigacións do servizo público en relación coas obriga da prestación postal universal e outros dereitos e obrigas de carácter público á hora da prestación dos mesmos. Estes camiño de incumprirse por teren un servizo insuficiente sen dotación de recursos.

Dende o BNG demandarán que se muden os criterios de dimensionamento para "ter en conta a realidade social e demográfica de Galiza" e evitar que se continúen amortizando as prazas no rural. Asemade, solicitarán a ampliacións dos postos de traballo e a mellora das condicións así como a recuperación de dereitos conxelados "como a actualización do prezo por quilómetro que percipen as e os carteiros que deben desprazarse no rural" sentenzou a deputada do BNG, Noa Presas.

Presas denuncia o desmantelamento encuberto de Correos en Ourense