Segue a xusta loita dos gandeiros, obrigados a tirar o leite para reclamar prezos xustos

Segue a xusta loita dos gandeiros, obrigados a tirar o leite para reclamar prezos xustos

Tras as tractoradas de Lugo e Santiago e dous meses de mobilizacións, o sector leiteiro segue a loita en defensa de prezos xustos mesmo a costa de tirar o produto do seu traballo, nunha situación que “segue agravándose” pola falta de resposta do goberno galego.

Xoan-Soler“En lugar de estar tan preocupado por Catalunya, pedimos a Feijóo que se preocupe polo goberno deste país e polos miles de gandeiros e gandeiras que seguen reclamando prezos xustos”, argumentou o portavoz nacional, Xavier Vence. “O goberno ten que gobernar, lexislar e facer uso das súas competencias para evitar o abuso e a posición de dominio que teñen as industrias e as cadeas de distribución contra os 9.500 produtores de leite”, subliñou.

Neste sentido, o BNG salienta o “comportamento exemplar” dos gandeiros e gandeiras ao longo de dous meses de protestas pese a situación de “desesperación” que os leva incluso a “tirar o produto do seu traballo”. “Tiveron moita paciencia e xa é hora de que a Xunta deixe as boas palabras e tome as medidas necesarias para garantir prezos xustos aos produtores”, concluíu.

Segue a xusta loita dos gandeiros, obrigados a tirar o leite para reclamar prezos xustos