Valoración do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense da rolda de prensa do alcalde Pérez Jácome

Valoración do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense da rolda de prensa do alcalde Pérez Jácome

Ourense, 09  de setembro de 2020. O grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense quere manifestar logo de escoitar a rolda de prensa do alcalde Gonzálo Pérez Jácome e das valoracións, comentarios, reflexións e mesmo acusacións verquidas polo mesmo, o seguinte:

1. As declaracións do alcalde ratifican punto por punto o que desde o BNG se ven denunciando desde o primeiro día do actual mandato, que o PP e Baltar, empregarían a Jácome mentras lles fose útil e que o desbotarían unha vez deixara de ser funcional para os seus intereses. Non hai dúbidas polo tanto de que están detrás da operación de acoso e derribo que estamos a vivir nas últimas semanas.

2. Para o BNG, Jácome, e en contra do que él mesmo manifesta, non é o paladín contra a corrupción, xa que consideran os nacionalistas, representa a expresión mesma da propia corrupción.

Jácome non veu para rematar coa corrupción senón para permitir que esta se continúe exercendo. Para os nacionalistas, Ourense non merece un alcalde que confunde o público co privado, que ten a concepción de que o concello é como se fose a súa empresa privada.

Unha persoa que ao longo de toda a súa intervención foi incapaz de despexar as dúbidas ao redor da utilización que fai dos fondos públicos que recibe do concello, aludindo a moi vagas explicacións que non contribúen a disipar dúbidas senon que as acrecenta.

Unha persoa que no pasado, serviuse deses mesmos intereses que agora, segundo él, pretenden sacalo da alcaldía, para atacar e difamar a gobernos anteriores.

3. Para o BNG as declaracións de Gonzalo Pérez Jácome son meras escusas pois sabía das prácticas e comportamentos do PP e  Baltar e pese a elo pactou a formación dun goberno no concello e a perpetuación deste na Deputación Provincial.

4. O BNG no Concello de Ourense ten claro que a solución non pasa únicamente pola dimisión de Pérez Jácome como alcalde, é precisa unha rexeneración total da institución, que pasa tamén pola propia deputación. É preciso que partidos honestos, cunha folla de ruta clara e un proxecto de cidade sólido e solvente encabecen a tan necesaria, e xa mencionada, rexeneración política en Ourense.

5. No Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense entenden que pretender gobernar a terceira cidade de Galiza con un ou dos concelleiros e amparado en asesores non é gobernar, é secuestrar a Ourense e impedir que avance, que prospere e que saia da parálise na que se atopa.

6. Por último, desde o BNG agardan que á vista das declaracións desta mañá do alcalde Gonzálo Pérez Jácome onde verte graves acusacións, a xustiza actúe en consecuencia.

Valoración do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense da rolda de prensa do alcalde Pérez Jácome