Votaremos a favor da aprobación inicial do PXOM para darlle voz á cidadanía

Votaremos a favor da aprobación inicial do PXOM para darlle voz á cidadanía

Trátase só dunha aprobación técnica para que as veciñas e veciños de Ourense poidan ser partícipes dun PXOM que vai condicionar o seu futuro e o da cidade durante os vindeiros anos. O portavoz do BNG, Xosé Somoza, quixo deixar claro o posionamento do seu grupo argumentando que Ourense precisa dun instrumento de planeamento pola inseguridade xurídica e os problemas urbanísticos derivados da anulación do PXOM aprobado no ano 2003 polo Partido Popular. Somoza aseverou que “a nosa cidade vive unha situación anómala e excepcional en todo o país provocada polas ansías especulativas do PP que conlevaron que, a día de hoxe, Ourense basée o seu crecemento nun documento elaborado hai 30 anos”.

RP mocion coordenadora grupo

Para o BNG, o PXOM que se debaterá este venres ten elementos positivos que se recollen no noso programa electoral e que o equipo redactor tomou en consideración, a saber, incremento de zonas verdes e espazos públicos, aumento de solo empresarial, melloras no transporte público e promoción da rehabilitación de núcleos rurais e do patrimonio edificado.

Aliás, a falla de transparencia e de participación da cidadanía no proceso auguran unha chea de alegacións na fase de exposición pública -ampliada a 3 meses a proposta do BNG- porque como aseguraba Somoza o PXOM ten moitos elementos que chirrían como, por exemplo, bolsas de solo rústico rodeadas de solo urbano, delimitiacións poligonais que semellan non seguir ningún criterio obxectivo, discriminacións territoriais no perímetro da cidade ou ducias de vivendas que quedarán fora de ordenación, coas dificultades que esta situación urbanística vai provocar.

Reiteraba tamén Ximena González que o BNG da este paso na aprobación inicial para que as veciñas e veciños poidan coñecer o plan e a partir deste venres o proceso sexa participativo tal e como os nacinalistas veñen traballando naqueles concello onde teñen responsabilidades neste tema.

Este apoio inicial técnico non supón en ningún caso un voto afirmativo ao PXOM tal e como se vai presentar a cidadanía, pois como explicaba o portavoz do BNG “se o presente documento se levara a aprobación definitiva o BNG votaría en contra. Haberá que resolver moitas alegacións veciñais para que este PXOM sexa o instrumento que precisa a cidade de Ourense”. De feito, o Grupo Municipal do BNG xa adiantou que a complexidade e a contestación social que vai provocar este PXOM fará preciso un segundo período de exposición pública, polo que solicitou a concelleira de urbanismo que prevea no cronograma da súa tramitación este feito.

Este PXOM non é o do BNG, certamente porque o BNG tería chegado a este punto logo dun amplio proceso de participación cidadá, pero tampouco debe ser o de ningún partido político senón froito do consenso, dado que neste planeamento deben asentarse os cimentos da cidade de todos e todas.

Votaremos a favor da aprobación inicial do PXOM para darlle voz á cidadanía