Dinamización da escena musical ourensá co apoio da Concellaría de Xuventude

Dinamización da escena musical ourensá co apoio da Concellaría de Xuventude

Co obxectivo de contribuir e apoiar a creación musical na nosa cidade, a Concellaría de Xuventude presenta o ciclo de concertos de verán “Móvete! Ourense”, adicado a bandas locais formadas, na sua meirande parte, por xente moza. A iniciativa é unha proposta da recentemente inaugurada Sala Berlín, un novo espazo musical que aspira a “dar saída a demanda de locais para actuacións musicais que existe en Ourense” e co que a Concellería colaborA na posta en marcha, organización e difusión destes concertos. Neste sentido, a edil de área Marta Arribas salientou esta mañá que “sempre é positivo que a empresa privada se sume aos nosos compromiso coa cidadanía, neste caso coa mocidade e actividade artística”.

“Movete! Ourense” esta plantexado como un ciclo de concertos totalmente gratuítos cada venres dos meses de xuño, xullo e agosto. Até 15 grupos da provincia de Ourense pasarán polo escenario da Sala Berlin na rúa Carriarico os venres a partir das 23.00 cubrindo un amplo especto de estilos que pasan polo hip hop, o rock, o pop, etc. O primeiro venres de setembro o ciclo remata cun concerto de peche e o sorteo dunha gravación de maqueta co catro temas dalgunha das bandas participantes do ciclo. Segundo explicaban hoxe os representantes da Sala, “pretendemos darlle un pouco de apoio a todas esas bandas que moitas veces non atopan espazos para actuar” e aseguraron que o ciclo xurde con vontade de continuidade.

A Concellaría de Xuventude colabora coa organización e difusión deste “pequeno festival” co ánimo de “dar un novo pulo” a todas esas bandas que existen na cidade “e que despois do ciclo, en setembro, contarán cun novo espazo para eles no Espazo Lusquiños da mocidade, desde o que agardamos seguir apoiando a creación musical nova e ourensá”.

Ourense, 21 de xuño de 2012.

Dinamización da escena musical ourensá co apoio da Concellaría de Xuventude