II Festival Edición Especial: As concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza suman esforzos

II Festival Edición Especial: As concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza suman esforzos

O Parque Barbaña transfórmase en escenario do II Festival Edición Especial de culturá hip hop

As concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza suman apoios a esta iniciativa promovida por un grupo de mozos e mozas ourensáns

Ademais de concertos, haberá exhibicións de graffiti, obradoiros de streetdance e zona skate

Este sábado 2 de xuño o parque Barbaña acollerá a II edición do Festival de Hip Hop Edición Especial , unha iniciativa dun grupo de rapaces e rapazas da cidade que se desenvolve co apoio das concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza de Ourense. A iniciativa presentábase esta mañá nas instalacións do Auditorio, nun acto no que tamén estivo representada a asociación cultural Anacos da Cidade, que leva anos colaborando con esta agrupación. As tres edís convidaban hoxe aos veciños e veciñas da cidade a desfrutar “dunha xornada de hip hop ao aire libre” dirixida en especial ao público xuvenil. Unha iniciativa multidisciplinar con exhibicións de graffiti, break dance, skate e por suposto música nunha proposta diversa e plural “que contribue a dinamizar un espazo público e, ademais, supón a incorporación efectiva da propia mocidade na axenda local de Ourense”, apuntaba a edil de xuventude Marta Arribas.

Segundo explicaban esta mañá os propios organizadores, Saleta Díaz e Roi Lozano, o festival arranca desde a mañá: a partir das 11 haberá zona skate de libre participación e zona ReciclARTE, unha exhibición de graffiti en colectores, caixas, mobles....unha reinvindicación ddas posibilidades da reciclaxe que a concelleira de Limpeza, Susana Bayo calificou como positiva: “estamos moi satisfeitos de colaborar con este evento, que nos permite visibilizar esa transversalidade que eu defendo para a concellaría”. Ao longo do día haberá obradoiros de bailes e enhibicións de street dance que darán paso, a partir das 17.00 aos concertos: 5 grupos de rap ourensanos acompañados dun primeiro espada da escena estatal e xa internacional, Cookin Soul. Ao respecto, a concelleira de Cultural, Isabel Pérez, quixo salientar a programación musical que Ourense nestá desfrutar nos últimos meses “e que reproduce o concepto plural que este goberno ten da cultura, abranguendo neste caos ámbitos e xéneros musicais do máis variado”.

Pola súa banda a Concelleira de Xuventude Marta Arribas agradeceu ao resto de departamentos municipais así como aos patrocinadores privados “o ter confiado nunha iniciativa integramente xuvenil” o que supón “dar resposta a un dos obxectivos que nos fixamos como prioritario, fornecer e estimular o empredemento entre a xente nova e amosarlles que poden sacar os seus proxectos adiante”.

O festival Edición Especial celebraráse a partir das 11 da mañá no Parque Barbaña con todas as actividades de balde.

 Ourense, 31 de maio de 2012.

II Festival Edición Especial: As concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza suman esforzos