Medio Ambiente remata as obras de mellora no Parque dos Pulmóns do barrio da Pont

Medio Ambiente remata as obras de mellora no Parque dos Pulmóns do barrio da Pont

A concelleira de Medio Ambiente, visitou esta intervención, que ampliou considerablemente as zonas de xogos existentes

Logo de tres meses de traballos, a Concellaría de Medio Ambiente da xa por rematadas as obras de remodelación do coñecido como “Parque dos Pulmóns”, as dúas zonas verdes ubicadas na Rúa de San Rosendo, no barrrio da Ponte. A actuación, que contou cun orzamento de 262.880,40 €, supuxo dotar ao recinto dunha completa área de xogos infantís con diversos elementos para os cativos ao tempo que se abordou a restauración e mantemento das zonas verdes xa existentes.

O Parque dos Pulmóns ocupa unha superficie total de 2.221 m2 divididos en dúas zonas verdes cada unha coa súa área de xogos. As obras supuxeron a ampliación en superfecie destas áreas infantís até ocupar un total de 700m2 (297m2 e 403m2) ao tempo que reformáronse para a súa actualización e cumprimento cos estándares de calidade necesarios: substituironse os areneineiros por pavimento elástico dacordo á normativa vixente e renovaronse as estructuras de xogos, incorporando tres pezas adaptadas a cativos con mobilidade reducida. Así mesmo, renovou o pavimento da actual zona de beirarrúas que separa ambos recintos, eliminando o actual seto para favorecer a mobilidade e mantendo as actuais alineacións de arbolado. Mobiliario urbán, contentores de lixo e luminarias foron tamén renovados.

O Parque dos Pulmóns ubicase nunha zona que ten experimentado un notable crecemento urbanístico nos últimos anos, razón pola que – explica a edil de área, a concelleira do BNG Marta Arribas - “era preciso plantexar unha remodelación que respostase ás actuais demandas das veciños e veciños, especialmente no que se refire as zona de xogos, escasamente dotadas e moi reducidas”.

Ourense, 18 de xuño de 2012

Medio Ambiente remata as obras de mellora no Parque dos Pulmóns do barrio da Pont