O BNG urxe ao goberno a crear a comisión especial para tratar os desafiuzamentos

O BNG urxe ao goberno a crear a comisión especial para tratar os desafiuzamentos

O BNG, por voz de Ximena González, interesouse polos acordos aprobados no pasado pleno ordinario de decembro relativos aos desafiuzamentos, preguntando específicamente pola comisión especial que se acordou crear no marco do Paco Cívico para dar participación, entre [email protected], ás Plataformas de [email protected]

Nunha segunda pregunta o BNG instou ao goberno a pór en marcha os mecanismos necesarios para colaborar na recollida de sinaturas da ILP Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e o alugueiro social” tal e como se aprobou no pleno de decembro a iniciativa do BNG.

Texto íntegro das preguntas:

“No pasado Pleno Ordinario de decembro aprobouse unha moción na que un dos puntos acordaba crear unha Comisión Especial no marco do Paco Cívico para atender casos de desafiuzamentos, composta por responsábeis dos Servizos Sociais municipais, portavoces municipais e plataformas contra os desafiuzamentos. Cando e cómo se vai a pór en marcha?”

“No pasado Pleno Ordinario de decembro aprobouse unha moción na que un dos puntos instaba á Alcaldía a apoiar a recollida de sinaturas que faga posíbel a discusión parlamentaria dunha reforma da lei a través da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e o alugueiro social”... Como se está a facer ese apoio?”

O BNG urxe ao goberno a crear a comisión especial para tratar os desafiuzamentos