BNG de Ourense
Novas

Luis Seara: "dicimos alto e claro, residencia sí, pero queremos garantías e a día de hoxe non existen"

"O que pretende o PP é xustificar os seus reiterados incumprimentos con Ourense botándolle a culpa aos demais". Que foi da promesa de Feijóo de 2017 de construir unha residencia pública en Ourense?"

"Nós demos o voto favorable a unha moción o 4 de decembro de 2020, vinculada ao cumprimento de 2 premisas, ningunha das dúas cuestións está resolta, por máis que se empeñen en dicir o contrario".

Ler novas
Novas
Bernardo Varela voceiro grupo provincial do BNG

O BNG demanda recuperar as frecuencias e horarios dos transportes colectivos suprimidos coa pandemia

Bernardo Varela denuncia que as frecuencias das liñas de bus que dan servizo de conexión de Galiza coa meseta imposibilitan a volta semanal ao país de traballadores desprazados e merma aínda máis a mobilidade interior, xa moi deficitaria.

 O grupo provincial do BNG demanda recuperar a normalidade previa á pandemia que permita cando menos un servizo de bus diario.

Ler novas
Novas

O BNG urxe ao Goberno Local a retomar os cursos de perfeccionamento de natación para a rapazada, eliminados actualmente da oferta do Pavillón dos Remedios

Rhut Reza: " foron eliminados sen previo aviso, porque no díptico informativo seguen aparecendo, pero cando as nais e pais van inscribir as súas fillas e fillos, ao chegar ao mostrador, son informados de que a foron suprimidos"

 "solicitamos a reapertura aos abonados da piscina Rosario Dueñas en horario de tarde, concretamente entre as 17:00 e as 20:00 horas"

Ler novas
Novas

O BNG denuncia incumprimentos das ratios e dos pregos do Centro de Día da Farixa e pide a actuación urxente da Xunta

Noa Presas: "Se algo amosou a pandemia da covid-19, na que levamos xa un ano e medio, foron as enormes e graves carencias na atención aos nosos maiores".

"A Xunta de Galiza, que é a responsable da supervisión e avaliación da calidade na prestación dos servizos sociais, que actúe ante a gravidade da situación, que inspeccione o centro e incoe sancións, que asuma o control da situación e se é necesario rescinda a concesión".

Ler novas
Novas

O BNG urxe medidas que eviten a crecente conflitividade e os incidentes que se están a producir na zona histórica de Ourense e cuestiona o "mangueirazo", método empregado polo Goberno Local

Os nacionalistas elevan a cuestión e pregúntanlle ao Goberno Galego se considera que o baldeo indiscriminado con auga é a medida máis acaída para evitar posíbeis incidentes no zona histórica de Ourense ou, no seu caso, que outras alternativas valora a Xunta de Galiza

Ler novas