BNG de Ourense
Novas
ff

O Consello Comarcal de Ourense-O Carballiño do BNG fai un chamamento á participación na manifestación nacional que se celebrará en Compostela, o vindeiro domingo 25 xullo.

Desde o Consello Comarcal do B.N.G. de Ourense-O Carballiño faise un chamamento a toda a cidadanía da nosa comarca para que participe activamente na manifestación nacional que se celebrará en Compostela, o vindeiro domingo, 25 de xullo, con saída ás 12:00 horas da mañá da Alameda de Compostela e con remate na Praza da Quintana e na Praza das Praterías coa celebración dun acto político.

Ler novas
Novas

Mediados de xullo e as termas pechadas. O BNG pídelle á nova responsable de termalismo, Flora Moure, que se deixe de contos e esixa da Xunta unha moratoria na aplicación da lei galega de termalismo

Para Rhut Reza "non é admisíbel que unha semana despois de recuperar as competencias non se chantase en Santiago, diante do Conselleiro, solicitando unha moratoria que permita salvar a tempada de verán"

"O termalismo é chave para o turismo e a reactivación económica e social da cidade"

Ler novas
Novas
Iago Tabares en Xinzo de Limia xunto a militantes do BNG

O BNG inicia en Xinzo de Limia a campaña contra a estafa da tarifa eléctrica.

Iago Tabarés  “o éxito de participación da cidadanía en Xinzo pon de manifesto que a cidadanía aposta por unha tarifa eléctrica galega, para que as nosas potencialidades repercutan na cidadanía e no tecido produtivo e non só no oligopolio eléctrico”

  Iago Tabarés “O prezo da luz é unha estafa, especialmente nun país como Galiza que é produtor de enerxía eléctrica. Por iso o BNG está en Xinzo de Limia recollendo sinaturas contra o tarifazo eléctrico aprobado polo Goberno español e exiximos un cambio de modelo que beneficie a xente dos territorios excedentarios de enerxía” 

Ler novas