Novas

O BNG advirte da perigosa deriva do Concello de Ourense e das actitudes cada vez máis dictatoriais do Alcalde, “algo que nós non ímos consentir”

As faltas de respecto constantes, a dirección dos Plenos e as dificultades para o lexítimo dereito da Oposición a exercer o control e a fiscalización da acción de Goberno “teñen que rematar”

Desde a formación nacionalista anuncian a presentación dunha proposta de modificación do Regulamento de Organización pois entenden que o actual “está desactualizado e non resolve problemáticas que se dan a día de hoxe no funcionamento orgánico do Concello ou nos Plenos”

Ler novas

A reunión entre Rueda e Jácome evidencia para o BNG “que Ourense é moeda de cambio”

Desde a formación nacionalista critican que na xuntanza non se abordaran “cuestións tan relevantes como o termalismo, a chegada do AVE ou as eivas en materia sanitaria e de infraestruturas”

No BNG entenden que Rueda veu “dar cumprimento e carta de natureza a caprichos persoais de Jácome que nin moito menos son os proxectos estratéxicos que Ourense precisa”

Ler novas
Consello Municipal de Deportes (CMD) de Ourense | Imaxe do Concello de Ourense

O BNG leva a Pleno o mantemento do Consello Municipal de Deportes (CMD) como Organismo autónomo encargado da xestión deportiva municipal

A formación nacionalista solicitará o apoio do resto de Grupos da corporación para o mantemento dun organismo que se ten “amosado como un instrumento moi válido” ao tempo que entenden que “resulta evidente que o obxectivo do actual Goberno Local ao formular a súa disolución é acaparar o poder e limitar a capacidade da oposición á hora de exercer o seu lexítimo dereito de control e fiscalización da acción de Goberno”

Ler novas

O BNG condena o matonismo, as ameazas e a intimidación empregada por Jácome nos últimos días coas Traballadoras dos Servizos Sociais do Concello

Segundo denuncian, o Rexedor, acompañado por persoas do seu entorno, “estase adicando a intimidar con moi malas formas a traballadoras dos Servizos Sociais do Concello”, actitude que cualifican como “intolerable”

Desde o BNG amosan todo o seu apoio e solidariedade coas traballadoras e traballadores que nestes días “estanse vendo violentados nos seus propios postos de traballo”

Igualmente fan un chamamento ao PP, “único responsable do que está acontecendo”, para porlle fin a unha situación que “estase volvendo moi perigosa”

Ler novas
e7182468-4a99-449f-b37b-7145a562ecf5

O BNG critica a falta de interese por parte de Concello e Xunta para a celebración do Día da Acción Global polo Acceso a un Aborto Legal e Seguro

A Concelleira Erea Blanco cuestiona que ao longo desta semana “non se desenvolvera ningunha actividade sobre saúde sexual e aborto por parte do goberno municipal, igual que por certo, aconteceu coa semana da lactancia materna”

A deputada Noa Presas reclama que “o aborto é un dereito para as mulleres e debe garantirse ao 100% no sistema público por parte da Xunta que a día de hoxe non está garantindo este dereito na sanidade pública”

Ler novas

A exposición pública da modificación de crédito 2P/2023 revela que o BNG tiña razón e que “o vago e o neglixente” é Jácome

No expediente publicado da modificación 2P/2023 despréndese a corrección do erro advertido durante a sesión Plenaria por parte do Grupo municipal do BNG en base ao informe do Interventor presente no expediente sen que o alcalde permitira a ambos explicarse e mesmo tildando a nacionalistas e funcionario de “vagos e neglixentes”

O Portavoz do BNG Luís Seara califica de “extremadamente grave” o método empregado para a modificación do erro, vía Decreto de Alcaldía “pois o lóxico é que sexa o órgano que adopta a decisión e polo tanto o que comete o erro quen o corrixa”

Seara ten claro que se Jácome non eleva ao Pleno a subsanación do erro é “porque quedaría en ridículo e en evidencia logo do espectáculo bochornoso que protagonizou no Pleno pois evidenciase que o vago, o neglixente e quen non le os expedientes é el e quen o asesora”

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense

O BNG traslada ao Parlamento galego as deficiencias detectadas na atención pediátrica do Carballiño e esixe á Xunta medidas correctoras urxentes

A formación nacionalista ven de rexistrar unha iniciativa parlamentar para, segundo a deputada Noa Presas, autora da mesma, “coñecer cales son as medidas que prevé o Goberno galego para blindar o servizo pediátrico no Carballiño ante a xubilación dunha das profesionais, para solicitar o impulso de medidas urxentes para garantir a cobertura de todas as prazas de pediatría así como a cobertura do servizo en horario de tarde e urxencias e o reforzo de xinecoloxía e do servizo de matroas”

Ler novas