O BNG alerta da falta de garantías democráticas para o voto por Correo e solicita garantías sanitarias e xurídicas

Noa Presas denuncia a situación de precariedade e presións políticas polas que atravesan as traballadoras de Correos

O BNG alerta da falta de garantías democráticas para o voto por Correo e solicita garantías sanitarias e xurídicas

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mostrou a súa preocupación pola falta de garantías democráticas para o voto por correo ademais de sinalar a carencia de persoal que posúe Correos para levar a cabo esta labor. Presas exixiu garantías sanitarias e xurídicas que require o exercicio do dereito a voto mantendo o carácter extraordinario do voto por correo e medidas que dean confianza no voto presencial.

A formación nacionalista alertou da falta de garantías democráticas no voto por correo. A candidata por Ourense sinalou que “tal e como está formulado a estas alturas, é posíbel que interveñan terceiras persoas e que non se garanta a orixe e o destino do voto sen que haxa manipulacións”. Presas apuntou a que hai que garantir a seguridade xurídica e sanitaria de todas as electoras así como sinalou prioritario que as persoas teñan salvagardado o dereito a acudir ao colexio electoral.

“Non se pode facer universal algo que é excepcional” sinalaba a candidata do BNG por Ourense mentres facía referencia a que ten que existir  medidas que dean confianza para que as persoas que vaian votar de maneira presencial e para aquelas persoas que teñan que presidir as mesas de votación. O BNG apuntou a que teñen que ser medidas que garantan o voto por correo seguro para os previstos pola lei.

Presas, pola súa banda, lembrou que durante esta lexislatura denunciou en numerosas ocasións nas institucións o recorte de persoal en Correos. Os propios traballadores denunciaban esta situación nas anteriores eleccións ademais de estar sumidas a determinadas presións políticas.

Segundo os datos máis recentes, de xaneiro de 2020, a OPE é tres veces menor en Ourense que no resto de provincias do Estado. Mais non é un dato illado xa que nas eleccións municipais de 2015 como nas galegas de 2016, as traballadoras de Correos sufriron presións e denunciaron esta situación.

Presas concluíu que o dereito a voto ten que estar garantido o vindeiro 12X co obxectivo de que sexa unha xornada normal e participativa.

O BNG alerta da falta de garantías democráticas para o voto por Correo e solicita garantías sanitarias e xurídicas