Imprimir

O BNG pide a mellora de toda a beirarrúa da parte alta de Bedoya

BNG de Ourense | 18 de setembro de 2013

A falla de planificación nas obras de mellora das rúas de Ourense teñen como resultado a imaxe deplorable que agora ten o tramo alto da rúa Bedoya, entre a avenida de Bos Aires e Emilia Pardo Bazán.

A obra contratada polo equipo de goberno consistiu na ampliación e acondicionamento do taco da beirarrúa dereita, entre a confluencia da avenida de Bos Aires e o colexio Concepción Arenal. Alén do proxecto inicial, tamén se colocou unha baranda á petición do centro educativo.

Para o BNG a obra era necesaria pero toda vez que se fai a contratación deberían ter arranxado a beirarrúa ata a avenida de Bos Aires dado que ten moita afluencia de veciñas e veciñas -maiores e [email protected] que baixan ao centro por unha rúa moi pendente e cun taco moi desgastado que provoca resbalóns e caídas frecuentes. Agora, @s que veñen do centro de Ourense camiñan por unha beirarrúa ancha e @s que viven na parte alta seguen baixando con extrema cautela polo deterioro do firme.

Para os nacionalistas, a idea de cidade e o proxecto de futuro ten que ir máis aló dos pequenos parches eiquí e alá. Toda vez que se fixo esta pequena obra houbera sido importante valorar xa a mellora da rede de abastecemento e saneamento para non ter que volver a levantar a rúa á volta dun tempo por posíbeis avarías.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-mellora-toda-beirarrua-da-parte-alta-bedoya/20130918121356001638.html


© 2020 BNG de Ourense

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: [email protected]