VISITA DE NOA PRESAS E DIEGO LOURENZO A TINTORES. ASEMBLEA COMARCAL DE MONTERREI.

“A Xunta fai propaganda electoral coas axudas polos lumes que despois non chegan”

NOA Verín 30082016
Noa Presas, con representantes do BNG en Verín

Antes de participar na asemblea da comarca de Monterrei, Noa Presas visitou este martes a zona afectada polo lume da fin de semana moi preto de Verín e avanzou algunha da proposta do BNG para levar UN TEMPO NOVO tamén ao dispositivo de extinción de incendios. 

“A Xunta fai propaganda electoral coas axudas polos lumes que despois non chegan”

Noa Presas, cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense, visitou hoxe o lugar de Tintores, onde o lume obrigou a declarar o domingo a sitiuación de alerta 2 polo perigro para as casas, e criticou a actitude da Consellería de Medio Rural nestes días de incendios en toda a provincia. “Onte estivo a conselleira facendo propaganda electoral e prometendo axudas para Avión e Trives. E hoxe mesmo, cando se cumpre un ano do gran incendio de Cualedro, inda non sabemos que nin a cuantía das axudas da Administración nin si chegaron ou cando lle van chegar aos veciños”.

Noa Presas, que estivo acompañada polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, tamén membro das candidatura do BNG ao Parlamento Galego, recordou que o incendio de Cualedro “sobardou a capacidade dos medios e demostrou que o dispositivo da Xunta pode ser superado por emerxencias e pola coincidencia de varios lumes, ademais de confirmar as dificultades de coordinación que veñen denunciando diferentes colectivos e os propios traballadores”.

“Os lumes son a segunda preocupación dos ourensas e Feijoo dedícase a pasear nun banco en lugar de dar explicacións, tal e como demandou o BNG no Parlamento. Ourense non merece representantes políticos que non dean explicacións da súa nefasta xestión”, engadiu Presas.

O BNG defende un novo modelo de prevención e defensa contra incendios forestais centrado na reforma precisa para a mellora da prevención e unha aposta pola profestionalización do dispositivo de extinción, cun mando único. “A profesionalización é fundamental para acabar coa precariedade dos traballadores, mellorar as condicións laborais, garantir a estabilidade e avanzar na seguridade e a formación”, concluiu.

“A Xunta fai propaganda electoral coas axudas polos lumes que despois non chegan”