Imprimir

O BNG pide suspender as pegadas electorais deste noite en Ourense en solidariedade cos afectados polo lume

bngourense | 08 de setembro de 2016

IMG_5448
IMG_5448

A catástrofe ambiental afecta a Rede Natura e ao Parque Natural do Xurés, na maior vaga de lumes desde outono do 2011.

Van máis de 6.000 hectáreas queimadas en diferentes concellos da provincia, houbo desaloxos de aldeas e demostrouse que o modelo de loita contra o lume é insuficiente e require cambios profundos.

 

O BNG insta ás demais forzas políticas que se presentan por Ourense a suspender en toda a provincia as pegadas de carteis nesta noite electoral como mostra de solidariedade coa veciñanza dos concellos afectados pola vaga de lumes e respecto polo traballo dos profesionais do servizo de extinción que seguen loitando desde o martes.

“O mínimo que podemos facer as forzas políticas diante dunha catástrofe sen comparación nos últimos anos é facer este xesto e pasado o 25 de setembro, malia as diferenzas na análise e nas solucións, chegar a puntos de acordo para que non volte acontecer”

O BNG non colará na provincia de Ourense os carteis da candidatura nesta primeira noite de campaña, “quedan 15 días para confrontar posicións e alternativas, non podemos comezar hoxe como se nada disto estivera pasando e non vísemos o fume que invade todo”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/destacadas/bng-propon-suspender-pegadas-electorais-deste-noite-ourense-solidariedade-cos-afectados-polo-lume/20160908142941002305.html


© 2019 BNG de Ourense

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: [email protected]