O BNG sinala que é preciso ter EPI para as traballadoras do SAF e realizar probas masivas entre elas e as usuarias

A formación nacionalista critica a inacción do executivo municipal ante a crise sanitaria

O BNG sinala que é preciso ter EPI para as traballadoras do SAF e realizar probas masivas entre elas e as usuarias

O BNG denuncia a inactividade e a mala xestión do cogoberno do Concello de Ourense ante a falta de material sanitario para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Sinalaron que, dende a declaración do Estao de Alarma, hai carencia de Equipos de Protección Individual poñendo en risco a saúde tanto de usuarias como traballadoras.

O comité de empresa do SAF facía pública a situación de desprotección fronte o COVID-19 na que se atopan as auxiliares deste servizo a día de hoxe. Dende o BNG alertaron nestes quince días dende que se declarou o Estado de Alarma a falta de EPI para as e os traballadores dos distintos servizos do concello, facendo especial fincapé no SAF. “Teñen o material que sempre tiveron: luvas e unha bata- que empregan para todos os domicilios que visitan” indicaron.

Neste momento hai un usuario e unha auxiliar confirmados positivo e hai dúas traballadoras en corentena e o coordinador pendente de facer a proba. Amais. Trinta auxiliares atópanse de baixa  con síntomas comúns. O primeiro positivo dunha auxiliar foi o 26 de marzo- data na que se suspende o servizo- e outra traballadora tivo que asumir as súas tarefas sen que por parte do concello se tomaran as medidas de prevención oportunas.

“Pasaron quince días nos que as auxiliares do SAF continúan a estar igualmente desprotexidas que ao comezo” afirmou a concelleira do BNG, Rhut Reza. Sinalou que as traballadoras precisan coidar de xeito seguro ás usuarias: “precisan de mascarillas, de máis dunha bata e mesmo gafas”. Ante a falta de EPI, dende o BNG ofrecen alternativas e medidas para minimizar a propagación e ofrecer un servizo mellor. “Aumentar a plantilla de traballadoras e traballadores e conseguir os equipos de protección son necesarios” indicaron dende a formación nacionalista.

Así mesmo, sinalaron que é preciso realizar probas “tanto de usuarias como de traballadoras” ante o acontecido nas anteriores semanas. O servizo de coidados ten que dotarse das medidas de protección e prevención necesarias para o seu desenvolvemento posto que, para a organización nacionalista, é unha “dos piares de política social” e nesta situación de crise sanitaria é máis preciso que nunca “dotar de recursos materiais e humanos a estes servizos”. Nese sentido, o BNG instou ao goberno do Concello de Ourense a pedirlle á Xunta de Galiza o material necesario para protexer ás traballadoras e traballadores municipais, en especial para as do Servizo de Axuda no Fogar.

O BNG sinala que é preciso ter EPI para as traballadoras do SAF e realizar probas masivas entre elas e as usuarias