Seara: "Crónica dunha baixada de pantalóns anunciada"

O BNG denuncia a retirada do recurso presentado por DO ante a aprobación do PXOM en Xunta de Goberno Local

Seara: "Crónica dunha baixada de pantalóns anunciada"

O grupo municipal do BNG criticou a retirada da á aprobación do PXOM en Xunta de Goberno. DO cuestionaba que o acordo fora aprobado desta maneira e non polo Pleno do Concello Municipal, dende a formación nacionalista sinalaron que esta decisión dase para levar a cabo os pelotazos urbanísticos.

Xa adiantaba o BNG, a través do seu voceiro municipal, Luis Seara, que o pacto de cogoberno entre PP e DO atendía "unica e exclusivamente a intereses económicos para levar a cabo a Plan Xeral modificado polo PP no anterior mandato". Levar a cabo os pelotazos urbanísticos contidos nas "modificacións substanciais" feitas polo Partido Popular, a mans de José Cudeiro, na pasada lexislatura que agora recibe o beneplácito do partido local Democracia Ourensana.

Fora a formación local  quen denunciara ante o TSXG pola decisión e aprobación adoptada polo Partido Popular no seu goberno en minoría. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitíuna a trámite pero agora DO retira o recurso presentado.  Grazas á maioría absoluta do cogoberno municipal, PP-DO, será aprobado no pleno municipal de novo. "Sairán adiante os pelotazos urbanísticos do PP que DO criticaba no anterior mandato municipal e consolidarase así o pacto da vergoña" afirmou Seara, voceiro municipal do BNG.

"Onde DO vía especulación por todas partes, agora deixan de selo. Esta é unha incoherencia máis das moitas que Jácome e os seus amigos ten" sinalou Seara. Asemade, destacou o voceiro municipal que "esta é outra crónica dunha baixada de pantalóns anunciada" posto que este cogoberno non deixa de ser "un grupo de amigos que están a defender os seus propios intereses" e non os da cidadanía.

Seara: "Crónica dunha baixada de pantalóns anunciada"