bng
FALAN AS CANDIDATAS
Ángel Amaro, activista LGTBI, desempregado e número 4 da lista do BNG ao Parlamento

Ángel Amaro, activista LGTBI, desempregado e número 4 da lista do BNG ao Parlamento

Chámome Ángel Amaro, nacín no ano 1987 no Pereiro, na parroquia de San Martiño. Emigrei con 13 anos cos meus pais a Alacante. Iso foi no 2001. Alí fixen estudos de Socioloxía, ao rematar fixen dous máster. Fun voluntario na Cruz Vermella, estiven no movemento LGTB e noutros movementos sociais vinculados á universidade e aos temas de ensino. Despois tiven unha beca durante catro anos na Universidade, e agora ando cos estudos de doutoramento a distancia. Vivo en Ourense. No Pereiro.

Dinme de alta no Bloque en novembro do 2015, inda que tiña certa relación coa fronte desde setembro de 2013.

Ler nova
NOVAS
O BNG esixirá unha revisión do canon da auga para que non se siga cargando de impostos aos veciños

O BNG esixirá unha revisión do canon da auga para que non se siga cargando de impostos aos veciños

Revisión do canon da auga, rehabilitación e recuperación de vivendas para garantir o acceso á vivenda e fixar poboación no rural, ordenación comarcal do territorio como alternativa ao modelo provincial camiñando cara a eliminación das deputacións, son algúns dos compromisos do BNG que Ana Pontón e os cabeza de lista ao Parlamento Galego presentaron hoxe en Compostela. 

Ler nova