O BNG pide que se recupere a toponimia da Zona Histórica

O BNG pide que se recupere a toponimia da Zona Histórica

Os nacionalistas do Concello de Ourense consideran que 13 anos é tempo suficiente para recuperar a toponimia histórica medieval do Casco Vello da cidade por iso veñen de preguntar qué pasos se deron dende o concello para restaurar os nomes tradicionais das rúas do Casco Histórico.

Foi o 7de abril do ano 2000 cando o entón grupo municipal do BNG presentaba unha moción solicitando restaurar os nomes das rúas e prazas do Casco Vello, nomes de orixe medieval que se conservaron até o século XIX, a saber, a rúa do Pomar, , rúa dos Zapateiros, rúa de Cima de Vila, , eiró do sal ou rúa das Olas.

Na vez da súa conservación o que aconteceu foi que o afán dos gobernantes da época impuxo nomes pomposos, reivindicadores de supostas glorias imperiales que xa daquela parecían antiguallas. Así conservamos aínda hoxe a rúa Pizarro, Lepanto, San Quintín, Hernán Cortés ou Juan de Austria.

Daquela, no ano 2000, tanto o PP como o PSOE aprobaron a proposta nacionalista máis as rúas e prazas seguen sen recuperar os seus nomes tradicionais. Por isto, o BNG vén de solicitar información sobre os trámites realizados para devolverlle ao Casco Vello a súa historia reflectida nos nomes da orografía, dos gremios e da vida social e económica dos seus veciños e veciñas.

O BNG pide que se recupere a toponimia da Zona Histórica