A exposición pública da modificación de crédito 2P/2023 revela que o BNG tiña razón e que “o vago e o neglixente” é Jácome

Luís Seara, Portavoz municipal do BNG

No expediente publicado da modificación 2P/2023 despréndese a corrección do erro advertido durante a sesión Plenaria por parte do Grupo municipal do BNG en base ao informe do Interventor presente no expediente sen que o alcalde permitira a ambos explicarse e mesmo tildando a nacionalistas e funcionario de “vagos e neglixentes”

O Portavoz do BNG Luís Seara califica de “extremadamente grave” o método empregado para a modificación do erro, vía Decreto de Alcaldía “pois o lóxico é que sexa o órgano que adopta a decisión e polo tanto o que comete o erro quen o corrixa”

Seara ten claro que se Jácome non eleva ao Pleno a subsanación do erro é “porque quedaría en ridículo e en evidencia logo do espectáculo bochornoso que protagonizou no Pleno pois evidenciase que o vago, o neglixente e quen non le os expedientes é el e quen o asesora”

A exposición pública da modificación de crédito 2P/2023 revela que o BNG tiña razón e que “o vago e o neglixente” é Jácome

Ourense, 28 de setembro de 2023. Hoxe, o taboleiro de anuncios do Concello de Ourense publica o expediente de moficiación de crédito 2P/2023, o único que quedaba por publicar, dos aprobados o pasado día 13 de setembro nun Pleno extraordinario.

Aquel día, e relativo ás cantidades correspondentes ás débebas que o Concello tiña e ten coa empresa concesionaria Viaqua, o Portavoz municipal aludía ao recollido no informe da Intervención municipal, no que se alertaba da existencia dun erro na proposta de acordo de aprobación provisional relativo as cantidades imputadas a diferentes aplicacións orzamentarias.

Daquela o alcalde, dun xeito airado e amosando unha vez máis a súa absoluta falta de respecto e educación, atreveuse a calificar de “vago” ao Portavoz municipal do BNG e de “neglixente” ao Interventor municipal a quenes mesmo acusou de non terse lido o expediente.

Para o Portavoz do Grupo municipal do BNG Luís Seara e á vista do que figura no expediente publicado, “o vago e o neglixente resulta ser Jácome xa que o que advertiu o BNG en base ao informe do Interventor ven de ser refrendado polo feito de ter que acometer a subsanación de erros no expediente. Nós tíñamos razón polo que repito, o vago e o neglixente é el”.

Mais para o BNG, o máis grave de todo é o feito de que dito erro non sexa subsanado, tal e como establece a lexislación vixente, “polo mesmo órgano que acadou o acordo e que, en boa lóxica, é o encargado de corrixilo polo que resulta inanmisible que un acordo Plenario poida ser modificado pola Alcaldía vía Decreto pois a pregunta que cabe facerse é... para que serve entón o Pleno?”.

Segundo Luís Seara, estamos diante dunha “vulneración flagrante da legalidade, ademais de sentar un gravísimo precedente no proceder administrativo do Concello xa que o que se nos está a dicir é que os acordos aos que chegue o Pleno, poden ser modificados posteriormente desde Alcaldía, algo que evidentemente e ao noso entender, non é admisible”.

Seara adianta que unha vez aberto o prazo para a presentación de alegacións trala publicación do expediente no BOP, “desde o BNG alegaremos, solicitando retrotraer o proceso á aprobación inicial pois é o Pleno, autor do acordo e polo tanto do erro, o órgano competente para corrixilo”, e engade, “solicitaremos informe á Secretaría Xeral do Pleno para que aclare se un acordo Plenario pode ser modificado por Decreto de Alcaldía e en todo caso coñecer en que termos”.

O Portavoz nacionalista ten claro que se Jácome non eleva ao Pleno a subsanación do erro é “porque quedaría en ridículo e en evidencia logo do espectáculo bochornoso que protagonizou no Pleno do pasado día 13 pois evidenciase que o vago, o neglixente e quen non le os expedientes é el e quen o asesora”.

A exposición pública da modificación de crédito 2P/2023 revela que o BNG tiña razón e que “o vago e o neglixente” é Jácome