A portavoz nacional do BNG participa do evento “A Esencia da Orixe” dos Grupos de Desenvolvemento Rural en Verea.

Antonio Míguez, alcalde Vilar de Santos; Cristina Cid acaldesa Allariz; Ana Pontón, portavoz nacional do BNG,  Xose Manuel Puga e Bernardo Varela deputados provincias e Xose Antonio Valado alcalde de Verea

Ana Pontón destacou  o desenvolvemento rural como  un dos eixos fundamentais  do vindeiro goberno galego presidido polo BNG.

A portavoz nacional do BNG participa do evento “A Esencia da Orixe” dos Grupos de Desenvolvemento Rural en Verea.

Verea, 19 de novembro de 2023.  A portavoz  nacional do BNG, Ana Pontón, participou hoxe, no concello de Verea,  no evento organizado  por tres Grupos de Desenvolvemento Rural, o GDR e o Rural de Pontevedra, o GDR e Norte  tamén de Pontevedra e o GDR Limia Arnoia de Ourense , co nome a “A Esencia da Orixe” que pretende por en valor o noso medio rural.

Desde o BNG son moitas as propostas  en materia de desenvolvemento rural para dar un impulso e unha estratexia a este medio.

 Dentro destas actuacións, que se teñen promovido desde fai tempo desde o nacionalismo galego e mesmo posto en práctica, como a recuperación de terras, cando o BNG ocupou  responsabilidades de goberno desde a Xunta de Galiza entre o 2005 e o 2009, destacan as actuacións dirixidas a fomentar unha economía verde; a recuperación de persoas agricultoras e gandeiras;  a posta en marcha do tícket rural, consistente nun incentivo económico sobre 20.000 € que permita desenvolver actividades no medio rural que poidan ser bonificadas con esta axuda con vocación de permanencia durante un mínimo de cinco anos; e ao mesmo tempo poñer en marcha actuacións que fornezan de servizos ao medio rural.

 Unha estratexia completa de desenvolvemento do medio rural que permita tanto actividades agrarias como actividades non agrarias que comece a cambiar o panorama das provincias do interior, como é a provincia de Ourense.

Por todo isto a portavoz nacional do BNG participa no evento dos GDRs co ánimo de apoiar e reforzar actuacións deste tipo, que poñen en valor o importante medio rural do noso País e especialmente en Ourense.

A portavoz nacional do BNG participa do evento “A Esencia da Orixe” dos Grupos de Desenvolvemento Rural en Verea.