O BNG advertiu no pleno de hoxe que a nelixente xestión do goberno local pon en risco a estabilidade económica do Concello

Erea Blanco, Xosé Manuel Puga, Luís Seara e Rhut Reza
Erea Blanco, Xosé Manuel Puga, Luís Seara e Rhut Reza
No pleno de hoxe, no que debatían catro modificacións de crédito, o grupo municipal do BNG puxo en manifesto que a xestión levada a cabo polo actual rexidor pode ter consecuencias económicas nun futuro que “acabaremos pagando todas as veciñas e veciños”.
O BNG advertiu no pleno de hoxe que a nelixente xestión do goberno local pon en risco a estabilidade económica do Concello

Ourense, 13 de setembro de 2023. O Concello de Ourense celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que o goberno local pretendía a través de catro expedientes de modificación de crédito facer conta a gastos de proxectos que nalgúns casos, xa deberían estar executados.

O primeiro punto a tratar foi a conta 413, onde o BNG acusa a Jácome de ser o alcalde con máis facturas acumuladas, superando aos anteriores, que el mesmo chamaba inútiles por este mesmo motivo. Por isto, e pola falta de información contida no expediente, e polo que o BNG decidiu votar en contra.

Despois tratouse o contrato de cámaras de vídeo de vixilancia da zona vella e a instalación de máis radares de control de tráfico, cuestión que volve o pleno por segunda vez ante a incapacidade do goberno local de executar o expediente en tempo e forma. Aquí o BNG vota a favor, pregando rapidez na súa instalación para evitar que se perda a subvención e que o asunto non volva a pleno.

O terceiro punto a tratar foi a habilitación de crédito para poder pagar os autobuses e minibuses xa mercados o BNG reiterou o dito xa no seu día para vinculalo a remunicipalización do servizo.

O úlltimo punto tratáronse as subvencións nominativas para o tecido deportivo ourensán. O BNG vota en contra da proposta do Goberno Local de repartir 1.085.000 euros a través destas subvencións, propondo transferir esa cantidade á liña 2 de subvencións por concorrencia competitiva do Consello Municipal de Deporte para que “todos os clubes e non uns poucos se vexan beneficiados partindo dunhas bases e duns criterios obxectivos”. Desde o BNG afirman que mesmo clubes aos que se lles pretende dar unha subvención nominativa “obterían unha maior cantidade pola concorrencia competitiva de efectivizarse a nosa proposta”

O BNG advertiu no pleno de hoxe que a nelixente xestión do goberno local pon en risco a estabilidade económica do Concello