O BNG esixe a convocatoria de elecións anticipadas en Ourense

O BNG esixe a convocatoria de elecións anticipadas en Ourense

O grupo municipal nacionalista considera que a sucesión de acontecementos que se están producindo desde o pasado Pleno do Concello de Ourense, no que se evidenciou a ruptura do grupo socialista, provocan unha situación de ingobernabilidade na terceira cidade do país que non pode ser resolta de outro xeito que a través da convocatoria de eleccións anticipadas.

foto rolda imprensa orzamentosA sociedade ourensá non pode converterse na vítima das pugnas internas do grupo de goberno, que someten ás veciñas e veciños desta cidade a un caos institucional de futuro incerto. A composición do Concello de Ourense non permite outra posibilidade, pois o BNG nunca vai apoiar a unha forza política que está diariamente atacando a nosa sociedade, a nosa economía, a nosa identidade e ao noso futuro como galegos e galegas. A convocatoria de eleccións anticipadas é, ademais, a fórmula máis democrática para darlle unha solución definitiva a esta crise.

O Consello Local do BNG reunirase mañá martes para abordar esta complicada situación política.

O BNG esixe a convocatoria de elecións anticipadas en Ourense