O BNG leva ao Parlamento o escándalo da concesión do mosteiro de San Clodio en Leiro

REBECA PAZ E NOA PRESAS
REBECA PAZ E NOA PRESAS

Presas leva a próxima semana ao Parlamento o incumprimento da concesión durante 24 anos e pedirá a revisión.

Alerta tamén do “escándalo” do SPA do viño, sen funcionar despois de investir 2M€ e que se suma á chapuza termal do Partido Popular e do balneario de Berán.

O BNG leva ao Parlamento o escándalo da concesión do mosteiro de San Clodio en Leiro

 A deputada nacionalista por Ourense Noa Presas, acompañada da voceira do BNG en Leiro Rebeca Paz, avanzou o traslado ao Parlamento Galego de iniciativas respecto da “situación escandalosa do concello de Leiro, no que temos a concesión do Mosteiro de San Clodio, que leva sen cumprirse 24 anos e o escándalo do spa do viño, sen funcionar despois dun grande investimento e que se suma ao fracaso termal do Partido Popular no balneario de Berán”.

A nacionalista recordou que “o Mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, situados no concello de Leiro, conforman un conxunto artístico con mostras de románico e barroco de incalculable valor cultural, patrimonial e social que debe ser protexido e valorizado polo seu significado para a comarca do Ribeiro” pero que “a Xunta incumpriu as súas obrigas de posta en valor ao gastar recursos públicos en restaurar e dotar o inmoble para despois sacar unha concesión por 25 anos que leva 24 sen cumprirse” “

Presas afirma que tal e como ten denunciado Paz reiteradas veces “A realidade é que a día de hoxe, malia a importancia deste enclave e malia o orzamento público investido, son recorrentes as denuncias por parte da veciñanza da comarca de longos períodos de peche das instalacións hoteleiras, co conseguinte prexuízo na accesibilidade aos espazos por parte da cidadanía e co conseguinte prexuízo á hora de perder un activo para a dinamización cultural e económico-turística” e “a este escándalo súmase o do spa do viño, feito ad hoc pola Xunta para esta rede hoteleira e que non está funcionando nin cumpriu as condicións da concesión nestes anos”.

Presas recorda que “A concesión impulsada por Fraga ten unha previsión de vinte e cinco anos que rematarían no 2025 e que é prorrogable, por períodos de 5 anos, ata cincuenta anos. É evidente que este modelo non é o adecuado e que hai que iniciar unha profunda auditoría dos seus resultados e iniciar os trámites para retirar a concesión e levarémolo ao Parlamento a próxima semana”

 

O BNG leva ao Parlamento o escándalo da concesión do mosteiro de San Clodio en Leiro