O BNG denuncia a modificación da RPT municipal pola porta de atrás e a marxe da Mesa Xeral de Negociación

LUIS SEARA, Portavoz municipal do BNG
LUIS SEARA, Portavoz municipal e candidato do BNG

Segundo a Formación nacionalista “Jácome perpetra pola porta de atrás unha modificación da RPT na que quere premiar e castigar ao persoal en función das súas afinidades ao tempo que pretende aglutinar cada vez máis poder en menos mans”

O BNG denuncia a modificación da RPT municipal pola porta de atrás e a marxe da Mesa Xeral de Negociación

Ourense, 09 de xullo de 2026. Segundo denuncia o Grupo municipal do BNG, desde hai tempo, no Concello de Ourense “véñense producindo unha serie de modificacións na Relación de Postos de Traballo (RPT) á marxe da Mesa Xeral de Negociación co argumento de que é unha simple reorganización cando a realidade é totalmente distinta”. Segundo o Portavoz e candidato nacionalista Luís Seara, “o que se vai aprobar no día de hoxe na Xunta de Goberno local é unha modificación en toda regra, coa supresión de postos e a creación de outros novos”.

É é que precisamente un dos puntos da orde do día da Xunta de Goberno Local prevista para este xoves, 9 de xullo, é a modificación da RPT número 5/2025. Reorganización e normalización das Xefaturas de Servizo.

No BNG sinalan que coa modificación da RPT prevista, “suprímense a práctica totalidade das Xefaturas de Servizo, Formación ocupacional e promoción económica, Turismo e Termalismo, Educación, Cultura, Xuventude e Participación, Benestar Social, Administración Xeral ou Fiscalización” e engaden “todo isto faise co obxectivo de crear macro Xefaturas nas que incluír moitas máis competencias, poñendo á fronte a aqueles funcionarios e funcionarias afíns ou funcionais aos intereses do Goberno Local, con importantes subas retributivas e exercer un maior control sobre todo o persoal”.

Seara denuncia ademais que “todas estas modificación estanse facendo á marxe da Mesa Xeral de Negociación argumentando que son unha mera reorganización mais o certo é que a realidade é totalmente distinta. Estanse suprimindo postos e creando outros novos, iso non é reorganizar é modificar e polo tanto, entendemos que a Mesa Xeral de Negociación debera poder pronunciarse ”.

Luís Seara ten claro que “Jácome está perpetrando a creación dunha administración na que cada vez menos persoas acumulan máis poder e onde se premia a aqueles que son funcionais aos intereses do Goberno local con novos postos e importantes subas retributivas” e engade, “non se pretende mellorar o funcionamento interno do Concello, o que se pretende é exercer un control moito máis férreo sobre o persoal aplicando a loxica de premio e castigo”.

O BNG denuncia a modificación da RPT municipal pola porta de atrás e a marxe da Mesa Xeral de Negociación