O BNG defenderá no primeiro pleno unha Estación Intermodal digna para Ourense

Concelleiras do BNG reclamando unha Intermodal digna para a cidada
Concelleiras do BNG reclamando unha Intermodal digna para a cidada

A vicevoceira do BNG no Concello de Ourense, Rhut Reza, defenderá no primeiro pleno do municipio unha moción a prol dunha Estación Intermodal digna para a cidade. Pretenden instar, dende o Concello á Xunta de Galiza e ao Ministerio para executar o proxecto gañador do concurso de 2011.

O BNG defenderá no primeiro pleno unha Estación Intermodal digna para Ourense

A vicevoceira do BNG no Concello de Ourense, Rhut Reza, defenderá no primeiro pleno do municipio unha moción a prol dunha Estación Intermodal digna para a cidade. Pretenden instar, dende o Concello á Xunta de Galiza e ao Ministerio para executar o proxecto gañador do concurso de 2011.

Xa en 2009, a organización nacionalista presentou alegacións sobre o estudo da Integración urbana e acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense na que se expuña que o barrio da Ponte "padeceu unha territoria ocasionada pola Estación FFCC Ourense-Empalme". Solicitaban entón que as vías fosen soterradas para que os barrios da Ponte e o Vinteún se puidesen conectar.

"Ao longo destes anos vimos como a posición dos partidos de ámbito estal, representados no concello de Ourense, cambiaban de opinión en función de se estaban no goberno de Madrid" sinalou a concelleira do BNG, Rhut Reza. Continuou sinalando que o PSOE pasou de defender o proxecto FOSTER a conformarse cunha versión mala da proposta do Partido Popular.

Democracia Ourense, partido que agora goberna co PP no concello de Ourense, no seu día presentara unha moción defendendo o soterramento das vías nos accesos á nova estación. Agora o BNG chama á organización de Jácome a votar a favor desta moción para unha Intermodal digna da cidade de Ourense.

O BNG mediante unha moción defenderá no pleno do Concello de Ourense a instar tanto á Xunta de Galiza coma o Ministerio de Fomento a que "de maneira inmediata, paralice o novo proxecto da Estación do AVE a Ourense, procedendo a recuperar, aprobar e executar o proxecto gañador do concurso de 2011."