As nacionalistas analizan a falta de credibilidade dun acordo cheo de ausencias e faltas de concreción como proxecto para un goberno alternativo en Ourense

NP_110116
Rolda de prensa de valoración do acordo

O BNG RECLAMA Á OPOSICIÓN DEIXAR DE PERDER O TEMPO EN TEXTOS BALEIROS DE COMPROMISOS CONCRETOS SE QUERE OFRECER UN GOBERNO ALTERNATIVO AO DO PP EN OURENSE. As nacionalistas analizan a falta de credibilidade dun acordo cheo de ausencias e faltas de concreción como proxecto para un goberno alternativo en Ourense

As nacionalistas analizan a falta de credibilidade dun acordo cheo de ausencias e faltas de concreción como proxecto para un goberno alternativo en Ourense

O BNG valorou hoxe a proposta de acordo presentada pola oposición no Concello de Ourense como un proxecto “de pouco calado sen compromisos orzamentarios ou temporais concretos”.

En palabras da nacionalista Ximena González “É un acordo de pouco calado, con poucos ou ningún compromisos concretos, que non se vinculan a orzamentos nen a calendarios” e engade “por que agora e non ao inicio do mandato cado tiña máis sentido levalos adiante.”. O BNG defende tamén que o acordo ten unha “perspectiva localista, limitándose á xestión e proposta de iniciativas que xa estaban enriba da mesa, sen ningunha novidade e sinalan que “todas as propostas poden aprobarse en pleno con maioría forzando ao goberno a levalas adiante posto que son apenas declaracións de intencións”.

Ximena González, ex concelleira, apuntou tamén que “asumen compromisos que non teñen capacidade de execución, como as competencias da Xunta o que apunta máis a un acordo para facer oposición conxunta que para gobernar unha cidade”.

Para as nacionalistas a ausencia de criterios e prioridades en relación ás contas municipais cun documento no que non se mencionan os orzamentos municipais baleiran o documento de credibilidade. “Cuns orzamentos prorrogados dende 2014 unha oposición responsábel non pode presentarse ante a cidadanía cun acordo no que estes non se mencionan. Sen orzamentos non se pode gobernar para mudar as cousas” reclaman dende o bloque. Cuestións como a fiscalidade, o Plano de Emprego –co paso atrás de non estar orzamentado na proposta-, unha nova relación de postos de traballo –cun PSOE que puido facer unha en 8 anos de goberno- ou a remunicipalización –non se menciona un só servizo para rescatar- centran as críticas e amosan, para as nacionalistas, a escasa ou nula credibilidade que se lle pode dar á proposta.

Os temas ausentes no documento

Xosé Fernández Baltar, responsábel local do BNG, enumerou as moitas ausencias que as nacionalistas detectan no acordo presentado pola oposición “que mostra máis unha vez un baleiro de contidos e propostas para ser unha alternativa real de goberno en Ourense” explicou.

A participación das veciñas na acción de goberno, o modelo cultural, a defensa da lingua ou a igualdade son cuestións que non aparecen no acordo e para a que a oposición do Concello de Ourense non parece ter ningunha alternativa fronte ao desgoberno do PP nestas materias. Xosé Baltar lembrou ademáis que “non se fai nengunha mención aos barrios e ao perímetro rural, parece que Ourense é só a cidade para PSOE, DO e OuC e que non teñen proxecto fóra dela”

O papel das diferentes forzas políticas

As nacionalistas denunciaron o papel das diferentes forzas políticas implicadas no acordo e o tempo que se esta a perder en Ourense para construír unha alternativa ao Partido Popular que ademáis non resolveu nen un só dos problemas da cidade.

Xosé Fernández Baltar expresou a “absoluta falta de credibilidade” que ten o PSOE cando asina un documento logo de rexeitar nos últimos anos moitas das propostas que nel aparecen cando se levaron a pleno. Para o BNG Democracia Ourensana “comeza e remata en Jácome, que esta disposto a asinar o que sexa por chegar ao gobernó, mesmo cousas que sempre criticou e que nunca apoiou cando presentaron outras forzas políticas” lembra Baltar.

Para o responsábel local do BNG o papel de Ourense en Común neste acordo é imcomprensíbel e nen a falta de experiencia nen Gonzalo Jácome poden servir de excusas para asinar un acordó cun modelo de cidade partillado con PSOE e DO no que ademáis non hai ninguna concreción nas “prioridades, criterios ou formas de solucionar o que se propón”.

As nacionalistas reclaman da oposición seriedade no debate público e máis ambición no traballo de presentar unha alternativa se de verdade se pretende acabar co nocivo gobernó do PP en Ourense.

Ourense, 11 de xaneiro de 2017

As nacionalistas analizan a falta de credibilidade dun acordo cheo de ausencias e faltas de concreción como proxecto para un goberno alternativo en Ourense