O BNG responsabiliza a Jácome da situación límite na que se atopa o transporte público

Busitos parados en Quintela
Autobuses do Servizo de transporte público de Ourense

Coñecida a débede que de novo, acumula o Concello de Ourense coa empresa concesionaria do transporte público e a cal ascende a 14 millóns de euros, o Portavoz municipal e candidato do BNG Luís Seara responsabiliza directamente a Jácome, a quen volve acusar de ser “un Alcalde pufero”

O BNG responsabiliza a Jácome da situación límite na que se atopa o transporte público

Ourense, 15 de xullo de 2026. 14 millóns de euros, esa é a cantidade que a día de hoxe adebeda o Concello de Ourense á empresa concesionaria do transporte público municipal. Un servizo que se atopa en precario “e polo que estamos pagando inxentes cantidades de cartos pola mala xestión e pola neglixencia do actual Alcalde”.

Luís Seara, Portavoz e candidato da formación nacionalista insiste ne que “estamos diante dunha situación insostible pero que se repite no tempo” e engade, “xa en 2024 tivemos que abonar algo máis de 16 millóns a esta mesma concesionaria por débedas atrasadas e dos cales preto de 2 millóns se correspondían con xuro de mora e agora, apenas ano e medio despois, voltamos ter unha débeda con esta mesma empresa de 14 millóns, unha auténtica sangría”.

No BNG volven cargar duramente contra Jácome a quen acusan de ser “un Alcalde pufero, que ten ao Concello empeñado até as orellas e cun colapso económico sen precedentes”. Na Formación nacionalista lembran unha vez máis que “levamos anos denunciando a existencia dunha débeda oculta, anos soportando como Jácome nos acusaba de mentir e de xerar alarmismo máis o certo é que o tempo non soamente nos deu a razón senón que a situación agrávase co paso dos meses”.

Vinculado co anterior e no referido ao proceso de licitación do Servizo, o BNG entende que “debido á nefasta xestión levada a cabo ao longo de todo o proceso, a concesión está condenada a continuar en precario con todo o que iso implica en canto a sobrecustes económicos e precariedade na prestación do servizo, sendo as veciñas e os veciños e as traballadoras e os traballadores os principais prexudicados”.

Seara esíxelle explicacións e, sobor de todo, solucións a Jácome, ao tempo que sinala a quenes “por acción ou por omisión, levan meses e anos facilitando coas súas decisións en Pleno, este xeito de gobernar, absolutamente caótico e prexudicial para o Concello. Logo que non boten as mans á cabeza ou que non se rasguen as vestiduras”.

Situación das e dos traballadores do Servizo.

O Portavoz e candidato do BNG non se esquece de quenes, de xeito máis directo, están a pagar as consecuencias desta situación. “Todo o noso respecto, apoio e agarimo para unhas traballadoras e traballadores que levan sufrindo moito nos últimos anos. Tiveron que soportar e xestionar unhs cambios de liñas absolutamente esperpécticos e anos de promesas incumpridas por parte do Alcalde, un Alcalde que agora xoga cos seus salarios e ao que non lle importa o máis mínimo a súa situación”.

O BNG responsabiliza a Jácome da situación límite na que se atopa o transporte público