O BNG-Asembleas Abertas suspende a campaña electoral polo asasinato machista en Ourense
O BNG-Asembleas Abertas anuncia que suspende os actos públicos programados para este venres 8 de maio en Ourense ante o gravísimo incidente producido na cidade co asasinato de María Isabel Fuentes Fernández veciña de Verín a mans da súa parella no CHUOU.
Esta veciña, hospitalizada por unha agresión previa e sen orde de afastamento é unha víctima máis do terrorismo machista que sega a vida das mulleres e saca á luz a enorme desprotección que as mulleres que sufren violencia teñen que soportar, cando mesmo logo de agresións e acusacións non se conceden ordes de afastamento e non se protexe ás mulleres dos seus agresores.
O BNG-Asembleas abertas suspende por tanto o mitin de hoxe ás 20h na Sociedade Cultural Albor e amosa o seu apoio á concentración convocada pola Marcha Mundial das Mulleres mañá sábado ás 20h diante da subdelegación do goberno.
Dende o BNG-Asembleas Abertas chamamos ao resto de partidos políticos a suspender hoxe a campaña eleitoral nunha denuncia enérxica da violencia machista. En palabras de Susana García non hai unha causa de maior peso que a violencia machista que sega miles de vidas para suspender unha campaña eleitoral o BNG-Asembleas Abertas amosa tamén o seu apoio e ánimo á familia da asasinada.
Ourense, 8 de maio de 2015