O BNG de Barbadás pedirá no pleno axilizar as obras da estrada OU-540 ao seu paso polo concello.

SARÍN NÚÑEZ, AHINARA E IAGO TABARÉS
Sarín Núñez, Ahinara e Iago Tabarés

Desde o Grupo Municipal do BNG pedirán ao resto da corporación, instar á Xunta a axilizar o remate das obras de mellora na estrada OU-540, Ourense - Fronteira Portuguesa, no treito sito nas proximidades do P.K. 4,2, así como a súa inmediata posta en servizo en condicións de seguiridade

O BNG de Barbadás pedirá no pleno axilizar as obras da estrada OU-540 ao seu paso polo concello.

Barbadás, 05 de abril de 2021. Desde hai aproximadamente cinco meses na contorna do punto kilométrico 4,2 da estrada OU-540 entre Ourense e a Fronteira Portuguesa de A Madalena, no treito que conduce, entre outros destinos, á incorporación coa A-52, existen numerosas barreiras provisionais, sen que conste a concreta obra que xustifica tales elementos, e onde tampouco se aprecia a existencia de avances nos traballos.

Para os nacionalistas, "o certo é que o estado que presenta o devandito treito condiciona non só a normal circulación polo mesmo, senón que tamén compromete á propia seguridade das persoas que transitan por esa vía". Segundo denuncia o portavoz do BNG, Sarín Núñez, "a instalación de decenas de barreiras provisionais de obra imposibilita tanto a velocidade xenérica na vía, como tamén o número de carrís practicábeis, sen que conste xustificación a tal restrición que xa dura varios meses".

Lembran tamén desde o BNG que a titulariedade da vía é da Xunta de Galiza, sendo polo tanto "a responsábel do mantemento da estrada nas mellores condicións de seguridade, así como da instalación e conservación dos sinais e marcas viarias".

Por estes motivos, o BNG de Barbadás pedirá no pleno que o Concello de Barbadás inste á Xunta de Galiza para a axilización do remate das obras de mellora na estrada OU-540, Ourense-Fronteira Portuguesa, no treito sito nas proximidades do P.k. 4,2 e a súa inmediata posta en servizo ordinario en condicións de seguridade e coa totalidade dos seus carrís de circulación.

Iniciativa no Parlamento galego

Vinculado precisamente á situación da OU-540, Desde o Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento galego e máis concretamente o Deputado por Ourense Iago Tabarés, rexistrou hai algúns días unha batería de preguntas para ser respostadas pola Xunta en comisión e referidas precisamente ao estado da vía e sobre as previsións que manexa o executivo galego no que a obras de mellora ou acondicionamento desta vía se refire.

O BNG de Barbadás pedirá no pleno axilizar as obras da estrada OU-540 ao seu paso polo concello.