O BNG no Concello de Ourense ven de confirmar que os renos contratados polo goberno local para o pasado nadal, carecían do certificado que xustificou a súa contratación

RHUT REZA%2c LUIS SEARA 17.08.20

A formación nacionalista, que no seu día reclamou información a respecto da contratación duns renos por parte do goberno local para "amenizar" o pasado nadal, solicitou a documentación á valedora do Pobo diante da imposibilidade de obter información por parte da concelleira do ramo.

O BNG no Concello de Ourense ven de confirmar que os renos contratados polo goberno local para o pasado nadal, carecían do certificado que xustificou a súa contratación

Ourense, 25 de agosto de 2020. No pasado nadal, o de 2019, o goberno municipal anunciou e presumiu da contratación de renos para amenizar ditas datas. O obxectivo era pasealos polas principais rúas da cidade para "goce e difrute" de nenos e adultos.

O BNG no Concello de Ourense ven de confirmar que os renos contratados polo goberno local carecían da documentación que invocou a concelleira para xustificar dita contratación.

Desde o primeiro momento o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, amosouse contrario a dita contratación ao entender que os animais serían sometidos a unha situación de estrés totalmente innecesaria, ademáis de por vulnerar un acordo plenario aprobado no seu día e o cal impide empregar animais en espectáculos públicos.

Naquel momento os membros do BNG no concello, solicitaron da concellería competente e responsable da contratación dos animais (seguridade cidadá e comercio) toda a información ao respecto da súa situación, estado de saúde, protocolos de traslado e estadía en Ourense, así como os percorridos e actos nos que ían participar.

En reiteradas ocasións e a través da xunta de área correspondente, solicitouse dita documentación, esta, denuncian no BNG, nunca se falicitou entre outras cousas porque a concelleira ten por costume non asistir ás xuntas de área, amosando o desprezo ao labor da oposición, e por extensión ao conxunto da veciñanza.

A argumentación esgrimida non obstante pola devandita concelleira a través dos medios de comunicación, foi que ademáis de "nacer para tirar dun trineo", os renos contaban co necesario Certificado Europeo de Benestar Animal.

O BNG solicitou en varias ocasións ter acceso ao expediente sen obter resposta por parte do goberno municipal. Diante desta situación os nacionalistas solicitaron a documentación á valedora do Pobo e poder ter acceso a ela.

Pois ben, da información que obra no poder do BNG podemos constatar que a concelleira fixo caso omiso dos requerimentos de información feitos pola propia valedora ata en 3 ocasións nas que se solicitaba remisión do certificado de benestar animal europeo, alegando a concelleira que o concello o tiña pedido á empresa pero que esta aínda non o enviara, algo que xa de por sí é moi grave, xa que segundo afirman desde o BNG, contratáronse aos animais sen ter toda a documentación precisa.

O que hoxe quere denunciar o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense é que a concelleira de Seguridade cidadá e comercio mentiu, ao esgrimir como argumento de contratación o Certificado Europeo de Benestar Animal xa que os renos contratados nin entón, nin agora, dispoñen do mesmo, entre outras cousas, segundo os nacionalistas e tras realizar as consultas pertinentes, porque dito certificado non existe agás para os animais de granxa.

Estamos polo tanto ante un novo engano e unha unha nova irresponsabilidade  por parte dun goberno que por desgraza, xa nos ten moi acostumados a elo.

O BNG no Concello de Ourense ven de confirmar que os renos contratados polo goberno local para o pasado nadal, carecían do certificado que xustificou a súa contratación