O BNG demanda un cambio de modelo na xestión de residuos desde a Deputación de Ourense

María Mangana, Bernardo Varela, Xose Manuel Puga
María Mangana, Bernardo Varela, Xose Manuel Puga

 

Bernardo Varela “Unha empresa que fai negocio xestionando toneladas de residuos non estará interesada na redución de residuos“

O BNG demanda un cambio de modelo na xestión de residuos desde a Deputación de Ourense

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, xunto a María Mangana e Xosé Manuel Puga, deputados do BNG na Deputación de Ourense, comparecían en rolda de prensa para dar conta da moción que levará o grupo do BNG a debate a pleno ante a problemática existente en Galiza da xestión de residuos, e especialmente no referido ao novo Canon de SOGAMA. 

Desde as filas da formación nacionalistas identifican dous problemas, o primeiro a suba da taxa do lixo até un 100% que se vai traspoñer á veciñanza, no caso das comarcas de Ourense a través da Deputación e despois un problema máis de fondo que é o problema do modelo SOGAMA

O modelo SOGAMA, sinalan as nacionalistas, é un modelo que prioriza a incineración e o soterramento do lixo, o que conleva non cumprir cos obxectivos da unión Europea en materia de reciclaxe.  Uns obxectivos que implican un nivel de reciclaxe do 50% no ano 2020 e no 2025 ter acadado unha taxa de reciclaxe de lixo de entorno ao 55%, porén en Galiza atopámonos con que só o 20% do lixo producido se recicla, fronte ao 80% restante se soterra e se incinera.  E iso ten consecuencias, a máis visible e inmediata é este incremento nos custe, a través da normativa europea que isto está penalizado

Agora, declaraba o voceiro nacionalista, en visperas da aprobación dos orzamentos municipais, cando os concellos deben elaborar as Ordenanzas Fiscais de residuos para o vindeiro ano en condicións de seguridade xurídica atópanse coa imposibilidade de establecer un cálculo axeitado ante a inviabilidade material de ter datos cos que facer unha previsión acertada, polo que urxe nestes intres ter información clara sobre o substancial incremento de custe que supón o taxazo da Xunta de Galiza.  A isto hai que engadir que a Deputación de Ourense presta o servizo de recollida en boa parte dos concellos de Ourense.   

É unha necesidade que a Xunta de Galiza aclare cal é o canon/Tn de rechazo entregada polos Concellos para o ano 2025.  De tal xeito que estos podan elaborar as Ordenanzas Fiscais de residuos para o vindeiro ano en condicións de seguridade xurídica, reiterando a necesidade de modular o incremento de dito Canon e que este vaia ligado a unha mellora da xestión, conducente á reducción de cantidade de residuos da fracción rechazo tratados por SOGAMA e á mellora nas fraccións recicladas. E que en ningún caso a Taxa deberá incrementarse nunha cantidade real superior ó 20 % do canon por tonelada do ano 2023, sempre e cando o Concello teña implementado no ano 25, un sistema de recuperación da fracción FORSU (Materia Orgánica), adaptado á realidade do seu territorio. Sendo pois válidos para a aplicación das bonificacións correspondentes os sistemas de compostaxe individual, compostaxe comunitario ou quinto contedor, sempre que os servizos técnicos da Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia podan verificar o seu bon funcionamento.

 

Desde o BNG sinalase que é  precisa unha mesa de traballo onde estén representadas a Consellería de Medioambiente, a Consellería de Facenda e a FEGAMP, co fin de acadar un acordo a medio prazo que permita establecer un marco estable no aspecto económico da xestión dos residuos. Asimesmo esta comisión permitirá acadar acordos entre os responsables da recollida (Concellos) e os xestores da maior parte dos residuos (Xunta de Galiza /SOGAMA) sobre as verdadeiras necesidades para o tratamento sustentable dos residuos, evitando gastos superfluos e novos taxazos.

O BNG esixe que tanto á Xunta de Galiza como ao Estado español á posta en marcha dos regulamentos e ordes que permitan facer realidade os obxetivos da Lei 7/2022 de 8 de Abril de residuos e chans contaminados para unha economía circular. Facendo realidade, medidas tales, como a priorización do pago por retorno de envases, a creación de SCRAPs para residuos como colchóns, móbeis, cabichas, ... Así como acadar (neste caso a Xunta de Galiza) os acordos precisos cos SCRAPs xa existentes como Ecoembes e Ecovidro para a mellora e sustentabilidade dos sistemas actualmente implantados, escoitando a ás entidades locais, de xeito que estos convenios se axusten á realidade no noso País. Asimesmo a administración competente en cada caso, deberá vixiar que se cumpla a lexislación vixente, en canto á posta a disposición dos consumidores de productos a granel nos centros de venda e a redución real por parte das empresas, tanto dos envases superfluos como dos refugallos de alimentación. Tamén é precisa unha procura de solucións de proximidade, na medida do posible, para as distintas fraccións do lixo, especialmente a fracción FORSU, tales como plantas locais, comarcais ou mediante colaboración con explotacións agrogandeiras en plantas de agrocompostaxe, sempre e cando non sexa posible a compostaxe individual ou comunitaria. Empregando o quinto contedor só cando non sexa posible unha opción de proximidade. Varela sinalaba que demandarán no pleno do 25 de outubro a creación dun "Fondo específico de axudas á mellora na sustentabilidade da Xestión dos Residuos en Galiza". Este deberá contar para a súa concesión con factores de corrección que favorezan a aqueles Concellos que presenten datos favorables na redución de toneladas de residuos procedentes do colector de rechazo e incremento nas toneladas de residuos das distintas fraccións recicladas (vidro, envases, papel-cartón, materia orgánica, …) nos últimos 10 anos. Asimesmo deberá ter en conta o factor diferencial de Ourense, entregando os fondos para a mellora da sustentabilidade da xestión dos residuos á Deputación Provincial de Ourense no que corresponda a aqueles Concellos que teñan o servizo de xestión do contedor de rechazo delegado a esta institución.


Desde un punto máis próximo á institución provincial as nacionalista instarán á Deputación Provincial e aos Concellos das comarcas de Ourense con xestión propia a establecer campañas de concienciación na redución, reutilización, separación e reciclaxe dos residuos. Complementando esta acción coa posta en marcha dun servizo de inspección e sanción que dé cobertura á totalidade dos Concellos de Ourense.

O BNG demanda un cambio de modelo na xestión de residuos desde a Deputación de Ourense