O BNG demanda prazas de enfermería e Pediatría para Toén nos orzamentos da Xunta de Galiza

IAGO TABARES, BEA VIDAL XUNTO AO CENTRO DE SAUDE DE TOÉN
IAGO TABARES, BEA VIDAL XUNTO AO CENTRO DE SAUDE DE TOÉN

Iago Tabarés “fronte aos orzamentos continuístas da Xunta presentados polo PP, o BNG presenta un conxunto de propostas para mellorar a vida da veciñanza de Toén”

O BNG demanda prazas de enfermería e Pediatría para Toén nos orzamentos da Xunta de Galiza

Iago Tabarés, deputado do Bloque Nacionalista Galego, e Beatriz Vidal voceira municipal do BNG de Toén  deron a coñecer as enmendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta de Galiza para mellorar a vida da veciñanza do concello de Toén.

A voceira municipal do BNG de Toén, Beatriz Vidal, facía especial referencia a dúas enmendas do BNG aos orzamentos da Xunta, unha  destinada a crear unha praza de enfermería no centro de saúde do concello e que foi suprimida fai uns anos. Tal como sinala a voceira nacionalista, a grande dispersión poboacional e o envellecemento da poboación que caracterizan o concello de Toén  fai que a carga de traballo para unha soa persoa en enfermería obrigue a deixar desatendido o Centro de Saúde en numerosas ocasións, incluso en situacións de urxencia, así como a pospoñer tratamentos por falla de persoal

 Desde a organización nacionalista tamén se demandou incluir nos orzamentos da Xunta a dotación dun servizo de pediatría para atender as crianzas do concello, , informou Vidal, “na actualidade as familias vense na obriga de desprazarse a Ourense, ata máis de 15 km”.  Beatriz Vidal sinalaba que “a atención médica dos nenos exixe un seguimento frecuente e continuado, moito máis nas primeiras etapas da vida, a maiores de ser un servizo imprescindible para o asentamento da poboación no rural.”

Os nacionalistas presentamos unha batería de enmendas a uns orzamentos continuístas , coa asusencia de proxectos específicos para Ourense, uns orzamentos continuístas coa ausencia de proxectos específicos para Toén, declaraba Iago Tabarés, que continuou a referirese ás enmendas do BNG como  unhas mendas destinadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a través da construción de vivendas para alugueiro social; enmendas destinadas a implementar o transporte metropolitano que permita as comunicacións entre os diferentes concellos da contorna de Ourense, unha vella promesa que continúa ser reiteradamente incumprida; enmendas destinadas a mellorar o trazado de vías, como a OU-402 ao seu paso por Alongos;  enmendas destinadas a algo tan esencial como mellorar a calidade de vida, o benestar e a atención sanitaria da veciñanza deste concello como os sinalados pola voceira do BNG de Toén.

O BNG demanda prazas de enfermería e Pediatría para Toén nos orzamentos da Xunta de Galiza