O BNG esixe que o goberno español non sancione aos pensionistas retornados

O BNG esixe que o goberno español non sancione aos pensionistas retornados

Ante os requerimentos que a Axencia Tributaria lles está a facer a moitos pensionistas ourensáns, beneficiarios de pensións que perciben do extranxeiro, o grupo municipal do BNG presentará no pleno deste venres unha moción instando ao Concello de Ourense a prestar asesoramento a todas as persoas afectadas que o precisen.

Os requerimentos da Axencia Tributaria comprenden os anos 2008, 2009, 2010 e 2011 e estanse producindo dunha forma masiva en Galiza nos últimos meses afectando a milleiros de pensionistas retornados que nunca recibiran información en relación coa obriga de declararen as contías percibidas no extranxeiro.

Para a concelleira Ximena González esta campaña da AEAT é inmoral e ademais cualificou de noxento que o Goberno se mostre tan brando cos verdadeiros evasores fiscais con grandes cantidades millonarias e sexa tan “estricto” coas persoas que traballaron no estranxeiro ante a imposibilidade de poder facelo na súa terra.

Os nacionalistas tamén pedirán o acordo plenario para que o goberno español anule os expedientes sancionadores e que se inicie unha campaña para informar adecuadamente [email protected] pensionistas [email protected] das súas obrigas tributarias futuras, excluíndo os exercicios 2008-20012.

O BNG esixe que o goberno español non sancione aos pensionistas retornados