O BNG lamenta que se aplique a Lei mordaza ao feminismo cando se concentra para denunciar un novo crime machista, en vez de aumentar os esforzos en máis medios de protección para as mulleres
17 feb. 2023 - 08:21
Ourense, 17 de febreiro de 2023. A concelleira do BNG, Rhut Reza, considera indignante que nun momento de raiba e dor, a policía lle pida a varias persoas alí presentes que se identifiquen, cando isto ven sendo unha práctica habitual, por desgraza demasidadas veces, cada vez que asasinan a unha muller.
Reza pon en valor o papel do feminismo organizado en Ourense:” a Marcha Mundial das Mulleres se algo ten demostrado ao longo de todos estes anos, ademáis de solidariedade coas asasinadas e as súas familias, é un altísimo grao de responsabilidade cada vez que convoca á veciñanza”. Elas son o exemplo no que nos deberiamos mirar todas e todos.