O BNG de Ourense completa a súa candidatura para as eleccións do 28 de maio ao Concello de Ourense

Parte da candidatura do BNG ao Concello de Ourense
Parte da candidatura do BNG ao Concello de Ourense

Logo de ter presentado o primeiro tramo o pasado 11 de febreiro, este mércores configurouse o resto da candidatura até completar os 27 titulares dunha lista que foi ratificada en Asemblea pola militancia nacionalista

O BNG de Ourense completa a súa candidatura para as eleccións do 28 de maio ao Concello de Ourense

O BNG segue dando pasos de cara as eleccións municipais previstas para o próximo 28 de maio. Se os nacionalista xa foran os primeiros en confirmar ao seu candidato, o actual Portavoz municipal Luís Seara o pasado mes de setembro e os primeiros en presentar ao primeiro tramo da candidatura o pasado febreiro, este mércores completaban o resto de postos até chegar os 27 titulares mais 10 suplentes.

Os nomes que restaban por coñecer fixéronse públicos na Asemblea Local celebrada este mércores e onde a militancia, por asentimento, ratificou unha candidatura que o candidato Luís Seara cualifica como “unha lista gañadora, integrada por persoas que representan perfectamente a realidade social de Ourense”, e engade, “é un privilexio encabezar unha lista con persoas con ilusión, con amor por Ourense, que dan un paso adiante e deciden comprometerse nun proceso transformador que mellore a calidade de vida das persoas, un grupo plural, aberto e cohesionado, que responde ás necesidades de Ourense e é garantía de futuro”.

A lista do BNG ao Concello de Ourense conta cunha ampla representación dos diferentes barrios da cidade e zonas do perímetro rural. Formada por persoas con experiencia na xestión tanto no ámbito publico como privado e pertencentes a sectores tan diversos como o administrativo, o cultural, o social, o deportivo, o educativo ou o asociativo.

Ao tempo, a lista, incorpora a persoas que en anteriores procesos electorais concurriron noutras candidaturas pero que desta volta decidiron apostar polo BNG e por formar parte do equipo liderado por Luís Seara, quen asegura que “integramos a persoas que no pasado foron referenciais a nivel político porque estamos convencidos que coa súa incorporación mandamos a mensaxe a ese electorado que ficou orfo, máis tamén ao resto da sociedade. O BNG é a casa común do nacionalismo e ten as portas abertas a todas aquelas persoas que poñen por diante os intereses de Galiza e de Ourense”.

En definitiva, e tal e como asegura Luís Seara, “un gran equipo co que aspiramos a liderar ese Goberno. Desde a humildade, pero con toda a ambición, porque temos un proxecto de futuro, capaz de abrir un tempo novo para Ourense”.

Candidatura completa do BNG ao Concello de Ourense

 

1. XOSÉ LUÍS SEARA FERNÁNDEZ

Portavoz municipal do BNG no Concello de Ourense. Veciño do Xardín do Posío.

2. RHUT MARINA REZA ÁLVAREZ

Concelleira do BNG no Concello de Ourense. Veciña da zona histórica.

3. XOSÉ MANUEL PUGA GONZÁLEZ

Xestor de fondos europeos. Veciño da Carballeira.

4. EREA BLANCO GALLEGO

Galiza Nova. Filóloga. Veciña da Ponte.

5. XOSÉ DIZ ROMAY

Funcionario. Veciño de Mariñamansa.

6. SONIA ALBOR GÓMEZ

Traballadora do Concello de Ourense. Activista social. Veciña de Vistafermosa.

7. XOSÉ CARBALLIDO PRESAS

Enxeñeiro técnico da Xunta. Pte. Asoc. Veciñas San Breixo. Veciño de Seixalbo.

8. NATE PAZOS BORRAJO

Poeta e ensinante. Veciña do Polvorín.

9. DIEGO CARLOS VÁZQUEZ NOGUEIRA “CIGALA”

Músico. Educador social. Veciño de As Lagoas.

10. LIDIA GÓMEZ CARDERO

Ensinante. Veciña de Barrocás.

11. XABIER FERNÁNDEZ DAVILA

Traballador da banca. Veciño da Zona Centro.

12. CHELO LÓPEZ CARIDE

Traballadora da ORA. Vicepresidenta da U.D. Ourense. Veciña de Rabo de Galo.

13. ANXO VARELA PÉREZ "PRUDEN"

Artista. TatuadorVeciño do Couto.

14. VENECIA GUZMÁN CASTILLO

Autónoma. Veciña da Avda de Zamora.

15. MARCOS FERRADAS GARCÍA

Traballador do servizo do transporte urbano. Veciño do Couto.

16. IRIA ALDOMAR DOSOUTO

Ensinante. Veciña do Vinteún.

17. HADRIÁN ALONSO ÁLVAREZ

Estudante. Veciño de San Francisco.

18. XELA FERNÁNDEZ VELOSO

Plataforma xubiladas da CIG. Veciña da Avda de Zamora.

19. MANUEL CARNICERO MÉNDEZ AGUIRRE, "QUENI"

Avogado. Mesa pola Normalización Lingüística. Veciño da zona histórica.

20. MONTSE NÓVOA GÓMEZ

Activista social. Veciña de Seixalbo.

21. XOSÉ FERNÁNDEZ BALTAR

Politólogo. Veciño de Palmés.

22. OLAIA CONDE SEOANE

Educadora Social. Veciña de Rairo.

23. JUAN CARLOS SABUZ ÁLVAREZ

Mestre. Veciño da Carballeira.

24. ILDA BLANCO GONZÁLEZ

Ensinante. Veciña de As Lagoas.

25. DAVID RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

Funcionario Admon. Xeral. Delegado sindical da CIG. Veciño da zona Centro.

26. MARTIÑO XOSÉ VÁZQUEZ MATO

Arqueólogo. Veciño de Cudeiro.

27. NOA PRESAS BERGANTIÑOS

Ensinante e Deputada no Parlamento de Galiza. Veciña da zona histórica.

O BNG de Ourense completa a súa candidatura para as eleccións do 28 de maio ao Concello de Ourense