O BNG ratificou o seu posicionamento na Comisión de Pleno e votou en contra de 9 das 10 modificacións de crédito propostas polo Goberno Local

Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense
Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense

A única modificación de crédito na que o BNG se abstivo foi, tal e como xa anunciaran, a 9P/2024 da Concellería de Servizos Sociais e na que se inclúe unha partida de 300.000 euros para axudas de emerxencia social

O BNG ratificou o seu posicionamento na Comisión de Pleno e votou en contra de 9 das 10 modificacións de crédito propostas polo Goberno Local

Ourense, 25 de setembro de 2024. Na Comisión de Pleno celebrada polo Concello de Ourense esta mañá co obxecto de dictaminar os dez expedientes de modificación de crédito que suman un total de 22.293.576 de euros e que o pasado venres foran retirados da orde do día por petición dos Grupos municipais do PP e do PSdeG-PSOE, quen contaron co voto favorable do BNG, a formación nacionalista ratificou o manifestado o pasado luns en rolda de prensa e votou en contra de 9 dos 10 expedientes.

O luns, o Portavoz municipal Luís Seara anunciaba que, “o BNG non apoiará máis modificacións de crédito. Pedímoslle ao Alcalde que presente un proxecto de Orzamentos e que a partires de aí, sentemos, falemos, negociemos e se é posible acordemos”.

Seara ratificou que “non imos ser os tontos útiles de Jácome para aprobar un Orzamento encuberto, pola porta de atrás, sendo meros espectadores. Polo tanto que se esqueza de negociar modificacións de crédito connosco. Soamente sentaremos a falar do Orzamento”.

O único expediente no que o BNG reservou o voto foi no 9P/2024 referido á Concellería de Servizos Sociais e no que se inclúe unha partida de 300.000 euros para axudas de emerxencia social. O Portavoz nacionalista, tal e como xa anunciara, xustificou que este sería o único expediente no que estarían dispostos a votar a favor xa que, “cando falamos de emerxencia social, falamos de persoas e de familias que precisan desta axuda para sobrevivir”.

Falamos de persoas e de familias en situacións extremas ás que non podemos castigar dúas veces, primeiro tendo o Alcalde que temos, quen desmantelou os Servizos Sociais municipais e logo negándolles unha axuda para necesidade tan básicas como comer, pagar a luz ou o alugueiro”.


 


 

O BNG ratificou o seu posicionamento na Comisión de Pleno e votou en contra de 9 das 10 modificacións de crédito propostas polo Goberno Local