Cómpre garantir o acceso das persoas con mobilidade reducida a todas as actividades municipais

Cómpre garantir o acceso das persoas con mobilidade reducida a todas as actividades municipais

O grupo municipal solicita ao goberno que se recolla a petición cidadá de habilitar unha zona ou mecanismo para garantir que @s [email protected] e persoas con mobilidade reducida podan acceder ás actividades e/ou eventos municipais.

2012-01-04_IMG_2012-01-04_23 51 23_ou5Hai un mes a familia dun cativo de seis anos cunha enfermidade rara solicitaron por escrito ao Concello de Ourense que se garantise o acceso do seu fillo á Cabalgata de Reis, actividade especialmente atrativa para @s [email protected] da cidade e na que habitualmente teñen problemas pola cantidade de xente e o formato do acto. Esta familia denuncia agora a falta de resposta do Concello de Ourense e dende o BNG queremos amosar o noso apoio e sumarnos á súa proposta para traballar porque Ourense sexa cada día unha cidade máis adaptada ás necesidades de toda a poboación.

O BNG impulsou no Concello de Ourense proxectos como as cidades Amigábeis coas persoas maiores, que xa entra en fase de presentación do proxecto polas asociacións de veciñas na que tamén participará o BNG, ou a inclusión de Ourense nas cidades Amigábeis coa Infancia, proxecto de UNICEF. Estes dous proxectos teñen na adaptación da cidade ás necesidades dos diferentes colectivos un dos seus eixos de traballo máis importantes e máis necesarios e a mobilidade e adaptación das instalacións, proxectos e actividades ás persoas con mobilidade reducida son unha prioridade.

Este ano 2013 tamén se aprobou en pleno unha moción, que o BNG apoiou, de traballar na inclusión de xogos adaptados a [email protected] con mobilidade reducida ou características especiais nos parques a medida que se van sustituíndo os que se deterioran, pese a ser un proceso lento algúns destes xogos xa foron mudados e cómpra seguir nesa liña de traballo.

Non é de recibo que non se responda ás peticións ou reclamacións cidadás nen que non se admita unha magnífica proposta da cidadanía, como esta, encamiñada a traballar nas liñas xa definidas nos proxectos en marcha e que vai supor unha mellora na vida de todas as veciñas e veciños.

En palabras da nacionalista Ximena González 'nós facémonos eco dunha proposta dunha familia que coñece os problemas porque os vive, e sumámonos porque é boa e cremos que vai beneficiar a moitas veciñas e veciños e queremos que o goberno a leve a cabo. Por iso pedimos que se habiliten mecanismos para garantir o acceso das persoas con mobilidade reducida ás actividades municipais, á Cabalgata de reis mas tamén ao resto'.

[ PR 10-12-13 Garantir que as persoas con mobilidade reducida accedan as actividades municipais ]

Ourense, 10 de decembro de 2013

Cómpre garantir o acceso das persoas con mobilidade reducida a todas as actividades municipais