Veciñas e veciños da cidade obrigadas a pagar miles de euros sen sabelo
O GOBERNO DE OURENSE APROBARÁ PRÓXIMAMENTE UN PROXECTO DE REPARCELACIÓN NO BARRIO DO COUTO QUE OBRIGARÁ A MOITOS VECIÑOS E VECIÑAS A PAGAR DECENAS DE MILES DE EUROS
O BNG preguntou na Xunta de Área de Urbanismo celebrada hoxe sobre a execución dunha sentenza que data de setembro de 1999. A resolución xudicial daquela data declaraba no seu fallo que se iniciara o procedemento acaído para a xusta distribución de beneficios e cargas derivadas do planeamento, concretamente o proxecto de delimitación da zona 11 do SU 5 do PXOM de 1986, a mazá entre a rúa Ervedelo, a Avenida de Portugal, a rúa Fonte do Bispo e o río Barbaña.
En maio de 2013, ante os novos requerimentos do TSX de Galiza para que se executara a sentenza, o Concello de Ourense dictou unha providencia para que un estudio de arquitectos da cidade elaborara un Proxecto de reparcelación coa súa conseguinte liquidación provisoria de cargas e beneficios entre todas as veciñas e veciños de esta zona de Ourense.
A resposta da Concelleira de Urbanismo é que ese proxecto de reparcelación xa foi entregado no Concello, que está pendente dos informes técnicos municipais e que será aprobada proximamente en Xunta de Goberno.
Este proxecto de reparcelación inclúe na mencionada liquidación provisoria cantidades a aportar por ducias de veciños e veciñas que chegan nalgún caso a superar os 100.000 euros, e todo esto, sin informar absolutamente nada a esas persoas sobre o que se está tramitando no Concello.
Ourense, 11 de decembro de 2013