Esiximos unha solución aos problemas de tráfico no túnel de Barrocás
Esta mañá, a voceira nacionalista Susana García denunciaba a situación de perigosidade no tráfico que se produce no túnel que comunica a rúa Ramón Puga co barrio de Barrocás. Este paso de tránsito natural para as veciñas e veciños que residen en Barrocás e na parroquia de Rairo implica perigo tanto para peóns como para os vehículos que circulan pola zona.
Explicaba Susana García que a rúa Ramón Puga é competencia do Concello e a partires do túnel a vía compete á Deputación polo que o BNG presentará iniciativas nas dúas institucións para que se lle esixa ao goberno central unha solución a este problema como se fixo, por exemplo, no túnel emprazado xunto aos almacéns de Renfe.
Pola súa banda, a deputada Olaia Fernández Davila tamén anunciou a presentación dunha proposta no Congreso para que o ministerio de Fomento dé unha resposta técnica a este problema de tráfico. Manifestaba a deputada nacionalista que ela mesma puido comprobar no tempo que estivo á carón do túnel como os peóns teñen que circular pola calzada, persoas maiores con problemas de mobilidade ou carriños de bebés compartindo unha estreita via con coches e autobuses porque precisamente o barrio de Barrocás é a zona na que rematan máis líneas de autobuses.