O ACTUAL ALCALDE QUIXO SACAR RÉDITO ELECTORAL COAS DENUNCIAS INTERPOSTAS
O fin non xustifica os medios
Dende o BNG sinalan que o actual alcalde quixo sacar rédito electoral coas denuncias interpostas a membros da organización frontista durante a época do bipartito no concello de Ourense.
O actual alcalde do concello de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a súa organización política empregaron todas as ferramentas ao seu dispor para derrocar a un goberno consolidado e progresista para gañar apoio electoral: artimañas, calumnias e denuncias foron algunhas das empregadas.
Hoxe coñecíase a resolución do xuízo ante o exconcelleiro nacionalista Andrés G. Mata. A xuíza descartou que o concelleiro prevaricara polas obras de Bedoia e Paz Nóvoa, feitos que denuncio Democracia Ourensana, forza política que agora cogoberna o concello de Ourense e está encabezada por Jácome.
A adxudicación en 2008 das obras nesas rúas foron denunciadas por Jácome intentando conseguir rédito político. Este caso súmase á exculpación de Marga Martín, exedil do PSOE, no caso de axuda a domicilio que tamén denunciou o actual alcalde.
“Non hai nada máis rexeitábel en política que chegar a gobernar un concello a costa de empregar a mentira e a farsa” sinalou o portavoz municipal do BNG; Luís Seara. Continuou explicando que Jácome actuou de ariete do Partido Popular e conseguir a alcaldía da cidade. “Non podemos nin debemos permanecer caladas fronte a este feito” afirmou Seara.
Outra absolución de libro
Após varios anos de xuízos en contra do cogoberno PSOE-BNG, todas as resolucións están sendo absolutorias . Segunda denuncia de Jácome contra un rival político e que xuíces que con tan manifesta imprudencia tramitaron denuncias contaminadas politicamente. Investigacións que se poderían ter resolto no ámbito Contencioso-Administrativo e que deixaron aos concelleiros inhabilitados durante todos estes anos.