Luis Seara: "o informe de liquidación do orzamento de 2021 revela a nefasta xestión do Goberno Local co nivel de execución máis baixo en 11 anos"

Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense

"Quen afirmaba no pasado que ter carto no banco era sinónimo de non saber xestionar e gobernar, agora resulta ser o que acumula un maior remanente e o grao de execución máis baixo dos últimos 11 anos"

Luis Seara: "o informe de liquidación do orzamento de 2021 revela a nefasta xestión do Goberno Local co nivel de execución máis baixo en 11 anos"

Ourense, 12 de maio de 2022. Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense o informe sobre a liquidación do orzamento de 2021 emitido pola intervención municipal revela algo que os nacionalistas xa viñan denunciando desde hai tempo.

Segundo o portavoz Luis Seara, "estamos diante dun goberno de trileiros que emprega suterfuxios legais e a "colaboración" de certos funcionarios para evitar o control dos organos fiscalizadores como é o caso da intervención municipal", en clara alusión ao procedemento seguido na modificación de crédito 2P de 62 millóns de euros, "e da oposición".

Outro dato significativo para a formación nacionalista é o grao de execución orzamentaria no pasado exercicio. "falamos dun grao de execución do 41,59% no orzamento de gastos, ou o que é o mesmo, o máis baixo dos últimos 11 anos".

Para Luis Seara este dato revela que "estamos diante dun Goberno incapaz e dunha xestión nefasta pois non hai proxecto nin folla de ruta a seguir máis alá de anuncios grandilocuentes, proxectos inexecutables e eso sí, propaganda, moita propaganda".

Por último Seara salienta, en clara alusión a Jácome que "quen afirmaba no pasado que ter carto no banco era sinónimo de non saber xestionar e gobernar, agora resulta ser o que acumula un maior remanente e o grao de execución máis baixo dos últimos 11 anos".

Luis Seara: "o informe de liquidación do orzamento de 2021 revela a nefasta xestión do Goberno Local co nivel de execución máis baixo en 11 anos"