No BNG-Asembleas Abertas seguiremos sen facer uso dos privilexios d@s concelleir@s

No BNG-Asembleas Abertas seguiremos sen facer uso dos privilexios d@s concelleir@s

O BNG-Asembleas Abertas quixo reiterar hoxe o seu compromiso ético co exercicio da representación pública. Na rúa da Barreira, un espazo emblemático para as veciñas e veciños da zona vella, candidatas-os da formación nacionalistas denunciaron o uso privativo que facían desta rúa as concelleiras-os do PP e do PSOE “disfrutan de privilexios que non teñen as veciñas e veciños. Cando se modificou a ordenanza de tráfico, pedimos expresamente que non se aparcara nesta rúa porque consideramos que non debemos ter dereitos que non teña o resto da cidadanía” declaraba a concelleira Ximena González quen tamén manifestou que as concelleir@s do BNG nunca tiveron tarxetas de aparcamento, nunca utilizaron entradas de protocolo e nunca pediron espazos reservados en actos ou eventos organizados dende o Concello.

IMG_4027

O compromiso ético tamén ten a ver cos cartos que reciben os grupos políticos do erario público e que o BNG-Asembleas Abertas emprega, única e exclusivamente, para desenvolver actividade política e non para festas ou paparotas como fan outras formacións políticas.

Tanto Ximena González como Susana García, candidata á alcaldía, fixeron fincapé no feito de que dende o BNG-Asembleas Abertas non só propoñemos comportamentos éticos senón que tamén os practicamos.

Referíase Susana García ao Partido Popular e máis concretamente ao seu candidato, Jesús Vázquez, quen anunciou que renunciaría ao coche oficial si chegaba a ser alcalde e preguntábase por qué non o fixo nos 6 anos que foi conselleiro nos que puido ter empregado o transporte público e non o fixo.

O concello é un instrumento necesario para facer os cambios que a sociedade precisa e dende o BNG-Asembleas Abertas exerceremos o traballo con honradez, transparencia e coherencia por iso, como afirmaba Susana García, renunciamos a todo o que consideramos privilexios “aparcarcamentos en zonas peonís, viaxes ao extranxeiro ou comidas organizadas polas institucións”.

No BNG-Asembleas Abertas seguiremos sen facer uso dos privilexios d@s concelleir@s