Nos orzamentos priorizaremos o gasto en Investimento social, emprego e promoción económica

Nos orzamentos priorizaremos o gasto en Investimento social, emprego e promoción económica

Ante a “inminente” presentación dos orzamentos para o 2014, o grupo municipal do BNG xa adianta que non aprobará o documento si non se recolle o incremento e a inclusión de novas partidas destinadas a paliar a situación de crise que viven a maioría das familias ourensás. Nestes momentos de graves dificultades económicas, o prioritario para @s nacionalistas é garantir as condicións mínimas de benestar ás que teñen dereito todas as veciñas e veciños da cidade.

grupo municipal 5

O BNG supedita o seu voto favorábel a que se incremente a partida destinada a emerxencia social. Axudas para alimentación, medicamentos, lentes, etc que no 2013 supuxeron menos de 200.000 €, as-os nacinalistas proporán o incremento para que o número crecente de familias que se ven en dificuldades podan ver as súas necesidades básicas cubertas.

Tamén será condición indispensábel que se inclúa unha partida para financiar as axudas de emerxencia que precisen as persoas con problemas de acceso á vivenda, abandonadas polas políticas da Xunta e pouco apoiadas por un goberno municipal que limitou o seu apoio a unha simple declaración de intencións no marco do pacto cívico.

Cando o BNG fala de condicións mínimas de benestar quere facer fincapé na chamada pobreza enerxética na que viven milleiros de ourensáns, persoas que non teñen cartos para pagar o recibo da luz, o gas ou a auga e que os condiciona a unha subsistencia de miseria ao non poder cociñar quente ou non ter con qué quentar as vivendas, situación que viven polos sucesivos incrementos do prezo da enerxía que veñen realizando os gobernos do PP e do PSOE no Estado.

As-os nacionalistas fixan como condición indispensábel para o seu apoio uns orzamentos que recollan os 3 millóns de euros destinados ao Plan de Emprego, unha das poucas ferramentas útiles que un Concello pode aportar para mellorar e promover alternativas de emprego para as veciñas e veciños.

Nos orzamentos priorizaremos o gasto en Investimento social, emprego e promoción económica