É necesario redefinir os núcleos rurais do PXOM
O BNG continúa visitando os barrios e núcleos rurais do concello de Ourense, explicando a súa visión sobre o PXOM e recibindo as preocupacións e queixas das veciñas e veciños sobre as ordenacións propostas. En moitas destas visitas constatouse o rexeitamento das parroquias do rural as clasificacións de solo previstas, cunhas delimitacións de núcleos rurais excesivamente restrictivas.
É certo que a demanda residencial das parroquias rurais de Ourense durante os últimos anos non foi demasiado alta, pero o BNG está convencido que coa actual crise económica e a ausencia de financiamento, esa demanda crecerá por tratarse en moitos casos dunha fórmula máis económica de poder acceder a unha vivenda. Ademáis, xa no seu programa electoral o BNG defendía a recuperación e revitalización dos núcleos rurais de Ourense.
Agora ben, logo do axuste feito polo goberno socialista en resposta ao informe previo á aprobación inicial da Xunta de Galicia, que é a competente para determinar este aspecto, sabemos que a capacidade residencial máxima para o PXOM de Ourense está fixada en 19.389 vivendas, de tal xeito que si mantemos a idea de que este Plan debe permitir unha maior posibilidade de crecemento nas parroquias rurais, o que tamen debemos explicar e onde pretendemos reducir a edificabilidade dentro da cidade. O BNG o ten claro, nos ámbitos da ordenación provisional de carácter privado que a Xunta obrigou a introducir no PXOM e que se corresponden con actuacións urbanísticas pouco claras do Plan anulado do 2003, e que aínda hoxe seguen dando moito que falar como as famosas Torres da Chavasqueira. Non sabemos se o PP, que tamen parece apoiar nas visitas que fai no perímetro rural o crecemento de estes núcleos, declara onde pensa reducir a edificabilidade na cidade, pois o tope xa está fixada polo goberno popular da Xunta.
O cuadro resumo da capacidade residencial máxima estimada do PXOM fixa en 923 vivendas as posibles novas edificacións nos ámbitos delimitados dos núcleos rurais, e o BNG propón que esa cifra se incremente de xeito considerable, aproximadamente un 50%. Por outro lado, a ordenación provisional aprobada pola Xunta permitiría a edificación de aproximadamente 3.900 novas vivendas, 2.600 nos 16 ámbitos de interese público propostos polo Concello e 1.300 nos 15 ámbitos de interese únicamente privado-residencial que incorporou a Xunta ao documento final. Este ámbitos teñen un coeficiente de edificabilidade moi elevado e non se xustifican co modelo de crecementos residencias que propón o PXOM, con unha escala menor, polo que o BNG alegará para reducir esa alta densidade residencial.