O BNG levará ao parlamento de Galiza o grave caso de caciquismo acontecido nos concellos da Merca, Cartelle e Ramirás

Bernardo Varela, Ernestas Seoane, Teresa Garrido, Iago Tabarés
Bernardo Varela, Ernestas Seoane, Teresa Garrido, Iago Tabarés

Iago Tabarés trasladará ao Parlamento de Galiza a arbitrariedade na selección de persoal nun obradoiro de emprego financiado pola Xunta de Galiza.

Ernesta Seoane e Teresa Garrido informan que o BNG  presentará  mocións nos tres concellos para que se explique por que se puntuaron probas non realizadas para a selección de persoal.

O BNG levará ao parlamento de Galiza o grave caso de caciquismo acontecido nos concellos da Merca, Cartelle e Ramirás

Iago Tabarés, deputado do BNG; Ernesta Seoane, Responsábel Cormarcal do BNG de Celanova- Baixa Limia; Teresa Garrido, concelleira do BNG na Merca; e Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG; compareceron ante os medios de comunicación para denunciar o grave cas de caciquismo e arbitrariedade no acceso a prazas no obradoiro de emprego organizado polos concellos da Merca, Cartelle e Ramirás  e financiado pola Xunta de Galiza, e trasladaron as accións institucionais que levará a cabo o BNG.

Teresa Garrido e Ernesta Seoane informaron do incumprimento das bases da convocatoria do obradoiro de emprego Rio Arnoia non realizando entrevistas persoais, tal como se recollía no punto 11,  a aspirantes e que figuraban puntuadas; do incumprimento da orde da Xunta de Galiza que regula estes procesos;  a utilización das puntuacións da entrevista para beneficiar a unhas aspirantes de detrimento de outras; e o sentimento de discriminación que teñen moitas das aspirantes eliminadas pola valoración subxectiva, a entrevista  que non se lles realizou, no obradoiro Rio Arnoia Ecoterras, e a sensación de estaren sendo vítimas de prácticas caciquís.

Pola súa banda, Iago Tabarés, informou que trasladará ao Parlamento de Galiza esta situación e pedirá explicacións á Xunta, pois  xa que é a Xunta de Galiza  quen envía  os recursos públicos, 370.000 € neste caso, para facilitar a empregabilidade a través destes obradoiros de emprego a  persoas desempregadas,  ten que ter un  control sobre o destino e efectividade dos recursos que está a aplicar.  

 Se existe arbitrariedade na selección de persoal, indicou o deputado nacionalista, a Xunta ten responsabilidade da efectiva aplicación deste fondos.  Tabarés tamén lembrou as discrepancias que existen na selección de persoal nos concellos para cubrir postos estruturais contratando persoal temporal, algo que prohibe a Unión Europea, e que tal como valora o deputado nacionalista “precariza a administración pública, ao ser un elemento determinante unha entrevista”, algo que xa ven afeando o Consello de Contas de Galiza , que pedía no informe do mes pasado, que se primasen as probas de coñecementos, as probas obxectivas, sobre algo tan arbitrario como unha entrevista.

Teresa Garrido, concelleira da Merca, indicou que a puntuación da entrevista consignada na acta de resultados do Obradoiro Río Arnoia, foi decisiva para repartir un terzo (7 PRAZAS) do total (20 PRAZAS) das prazas que se distribuían entre cada un dos tres concellos. E esta circunstancia afectou tanto a aspirantes da Merca, como de Cartelle, como de Ramirás.

O pasado 6 de outubro deste ano celebrouse na sede do Concello da Merca o proceso de selección de alumnas-traballadoras do obradoiro RÍO ARNOIA – obradoiro de emprego de formación en "actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” e "operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas” –.

Nas bases figuraba a realización dunha entrevista (valoración subxectiva)  como parte do proceso de selección, que non se chegou a realizar  a todas as aspirantes, “ e até onde nos sabemos a ningunha” indicou Ernesta Seoane, que continuo afirmando que é estraño que un Tribunal puntúe unha proba que nunca se realizou, e que por riba esa proba supoña cambios sustanciais na relación de admitidos, en beneficio duns aspirantes e detrimento de outras.

 O que resulta de todo ilegal é que o obradoiro incumpra as súas propias bases, senón que incumpriu  a normativa da Xunta  que regula este tipo de procesos no artigo 10.2 orde de 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e igualdade.

Ese artigo indica que no caso de realizarse a selección en base a unha valoración subxectiva (entrevista) e outra obxectiva, o resultado da primeira (a subxectiva) debe ser publicado con anterioridade a que se proceda á segunda.  Non houbo a publicación do resultado da entrevista anterior á valoración dos méritos documentados.

Esta mesma circunstancia produciuse no obradoiro Ecoterras organizado pola Mancomunidade Terra de Celanova e o BNG xa levou esta cuestión ao pleno de Celanova instando ao Concello de Celanova que exixise explicacións e cambios na Mancomunidade.

“O goberno municipal de Celanova non cumpriu ese acordo plenario na convocatoria da Mancomunidade a semana pasada.” Indicou a responsábel Comarcal .

  No caso do obradoiro da Merca, Cartelle e Ramirás o BNG rexistrou mocións nos tres concellos, pedindo en cada unha das corporacións un acordo para:

 

  • que se investigue e explique por que no proceso de selección de alumnado do obradoiro RÍO ARNOIA non se realizou a entrevista que figuraba nas bases da convocatoria.
  • así como outras cuestións que teñen a ver coa selección do tribunal, coa falta de resposta ás reclamacións e coa exixencia á Mancomunidade da convocatoria dun pleno extraordinario sobre o obradoiro ECOTERRAS, proposta que xa se acordou en Celanova.
O BNG levará ao parlamento de Galiza o grave caso de caciquismo acontecido nos concellos da Merca, Cartelle e Ramirás